Remove ads
versión do sistema para a clasificación das anxiospermas seguindo criterios filoxenéticos From Wikipedia, the free encyclopedia
O sistema de clasificación APG III é a terceira versión do sistema para a clasificación das anxiospermas seguindo criterios filoxenéticos.
Foi publicado en 2009 por un vasto grupo de investigadores que se autodenominou «APG III» (do inglés Angiosperm Phylogeny Group, é dicir, «grupo para a filoxenia das anxiospermas»). Esta versión sucede e substitúe as versións publicadas en 1998 (denominada Sistema APG I), e en 2003 (APG II).
En 2016 foi substituído pola última versión do sistema até agora, chamado APG IV.
Este sistema de clasificación de plantas é diferente das anteriores aproximacións ao ordenamento das anxiospermas, que estaban baseadas principalmente en criterios morfolóxicos. O sistema APG III, ao igual que as dúas versións anteriores, baséase en datos moleculares —secuencias de ADN do núcleo celular, das mitocondrias e dos cloroplastos— e na análise filoxenética dos mesmos. Intenta, deste modo, ordenar a diversidade das anxiospermas sobre a base da súa filoxenia, é dicir, recuperando a evidencia dunha serie de eventos únicos que comprende a historia evolutiva deste grupo de plantas. A través da filoxenia pódese comezar a entender a diversificación, as regularidades nos patróns da evolución, ou simplemente suxerir cambios evolutivos individuais dentro dun clado. Deste xeito descubríronse relacións entre as anxiospermas que obrigaban a desbotar moitas hipóteses longamente aceptadas acerca da súa evolución. Debido a que a árbore filoxenética que se desprendeu das análises da filoxenia mostraba relacións entre grupos de plantas moi diferentes alo que se hipotetizara previamente (por exemplo, que a anxiosperma basal era Amborella), os botánicos víronse obrigados a refacer de forma drástica a clasificación das plantas. O esforzo conxunto derivou nas publicacións asinadas polos tres sucesivos APG.[1]
O APG III ordenou e agrupou ás anxiospermas en 415 familias, a mayor parte das cales están incluídas nalgunhas das 59 ordes aceptadas por este sistema. Tales ordes, á súa vez, distribúense en clados.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.