From Wikipedia, the free encyclopedia
A peseta foi unha moeda española de curso legal en España e Andorra (nesta última, xunto ao franco francés) dende o 19 de outubro de 1868 até o 31 de decembro de 2001, cando foi substituída polo euro. A peseta abreviábase pta, sendo incorrecta a abreviación pts para o plural.
Peseta † | |
---|---|
Peseta en castelán | |
Código: | ESP |
Ámbito: | España Andorra |
Símbolo: | Ptas, ₧ |
Fracción: | 100 céntimos |
Moedas: | 1, 5, 10, 25, 50, 100, 200, 500 ₧ |
Billetes: | 1000, 2000, 5000 e 10000 ₧ |
Emisor: | Banco de España |
Taxa de troco: fixa | 1 EUR = 166,386 ESP |
Antes, a peseta era a forma popular coa que se denominaba os catro reais de billón ou os dous reais de prata. É moi posíbel que o termo peseta proveña da palabra catalá peçeta (peciña), diminutivo de peça.[1] Na Idade Media, designaba ao real de a dous e en 1737, no Diccionario de autoridades castelán, aparece a peseta como «a peza que vale dous reais de prata de moeda provincial, formada de figura redonda. É voz modernamente introducida».[2]
O 19 de outubro de 1868, o ministro de Facenda do Goberno provisional do Xeneral Serrano, Laureano Figuerola, asinou o decreto polo cal se implantaba a peseta como unidade monetaria de España, ao mesmo tempo que entraba en vigor oficialmente o Sistema métrico. A primeira peseta foi cuñada en 1869 e, pouco despois, en 1875, apareceu a primeira peseta emitida en papel que seguiu a ser emitida até 1953 polo Banco de España.[3]
A peseta foi substituída polo euro no ano 1999 nos mercados de divisas. O 1 de xaneiro de 2002 o euro (€) entrou en circulación xunto coa peseta convivindo as dúas moedas até o 1 de marzo de 2002 en que peseta deixou de ser unha moeda de curso legal en España[4] e Andorra, aínda que existe o compromiso oficial do Banco de España de cambiar o seu importe en euros en non importa cal data, ó cambio oficial único establecido, 1 euro = 166,386 pta, co arredondamento correspondente ó terceiro decimal.
Imaxe do anverso | Imaxe do reverso | Denominación | Cor predominante | Dimensións | Descrición do anverso | Descrición do reverso |
---|---|---|---|---|---|---|
200 pesetas | Laranxa | 120 × 65 mm | Leopoldo Alas | Texto de La Regenta. e imaxe dun carballo asturiano | ||
500 pesetas | Azul | 129 × 70 mm | Rosalía de Castro | Texto de Follas Novas e casa da Matanza | ||
1.000 pesetas | Verde | 138 × 75 mm | Benito Pérez Galdós | Texto dos Episodios nacionales e opaisaxe co Teide | ||
2.000 pesetas[5] | Vermello | 147 × 80 mm | Juan Ramón Jiménez | Fragmento do poema Alegría nocturna e Concello de Moguer (Huelva) | ||
5.000 pesetas | Marrón | 156 × 85 mm | Xoán Carlos I de España | Manuscrito asinado e Palacio Real de Madrid | ||
10.000 pesetas | Gris | 165 × 85 mm | Xoán Carlos I de España e Filipe, príncipe de Asturias | Busto e manuscrito asinado de Filipe como Príncipe de Asturias | ||
Imaxe do anverso | Imaxe do reverso | Denominación | Cor predominante | Dimensións | Descrición do anverso | Descrición do reverso |
---|---|---|---|---|---|---|
1.000 pesetas | Verde | 130 × 65 mm | Hernán Cortés | Francisco Pizarro | ||
2.000 pesetas | Vermello | 138 × 68 mm | José Celestino Mutis | |||
5.000 pesetas | Marrón | 146 × 71 mm | Cristovo Colón | |||
10.000 pesetas | Gris | 154 × 74 mm | Xoán Carlos I de España | Jorge Juan y Santacilia | ||
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.