From Wikipedia, the free encyclopedia
En zooloxía denomínanse palpos a diferentes órganos sensoriais presentes en diversos grupos de invertebrados.
Os palpos son apéndices sensoriais dos artrópodos.
Nos insectos serven para examinar os alimentos. Están situados na armadura bucal, no lateral externo das maxilas (palpos maxilares)[1] e no labio (palpos labiais).[2]
Nos arácnidos existen uns apéndices análogos denominados pedipalpos, que son o segundo par de apéndices do prosoma (cefalotórax).
Nos picnogónidos denomínase palpo sensitivo a cada un dos membros do segundo par de apéndices destes animais, constituídos por até dez artellos, situados a continuación dos quelíceros (cando existen), na base da probóscide ou trompa, e que teñen función táctil.[3]
No moluscos bivalvos chámase palpo labial a cada unha das dobras ou lóbulos móveis en forma de aba que flanquean internamente a boca dos protobranquios, e que realizan, grazas aos cilios da súa superfici, a selección das partículas alimenticias introducidas na cavidade paleal pola probócide.[4]
Nos vermes anélidos poliquetos, os palpos son cada un dos dous apéndices laterais, curtos, grosos e de forma cónica, dirixidos cara a adiante, situados no prostomio, e que posúen numerosos órganos táctiles.[5]
No caso particular da familia dos espiónidos, denomínanse palpos cada un dos dous longos apéndices musculosos derivados do prostomio, derivados do prostomio e dirixidos cara a adiante, que semellan tentáculos e cos que o verme captura as partículas alimenticias.[5]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.