Quelícero
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Remove ads
Os quelíceros son pezas bucais (apéndices modificados) do prosoma dos quelicerados, un subfilo de artrópodos que inclúe os arácnidos, os merostomados,[1] e talvez dos picnogónidos (propiamente neste grupo adoitan denominarse quelíforos).[1]

Son apéndices acabados en punta que se usan para agarrar o alimento. Ademais, nas arañas están asociados a unha glándula velenosa e utilízanse para inocular veleno á presa ou como mecanismo defensivo.[1]
Ocupan unha posición anatómica preoral (inmediatamente antes da boca) polo que non son homólogos das mandíbulas dos mandibulados (crustáceos, miriápodos e insectos).
Embrioloxicamente son apéndices postorais, pero ao longo do desenvolvemento embrionario migran até situárense a ambos os lados da boca, ou mesmo en posición prebucal, no adulto.[1]
Remove ads
Tipos de quelíceros

B: quelíceros en tesoura;
C: quelíceros triarticulados en pinza.

Poden distinguirse tres tipos de quelíceros: quelíceros en navalla, quelíceros en tesoura e quelíceros de tres artellos en pinza ou quela.[2]
Quelíceros en navalla
Este tipo de quelíceros aseméllanse a unha navalla pregábel e poden considerarse como subquelados (case de pinzas). Están compostos por dous artellos e son exclusivos dos Tetrapulmonata. Consisten nun artello basal que se articula co prosoma e outro artello apical en forma de dente cairo que se articula co basal.
Presentan dúas formas diferentes: ortognatos e labidognatos.
- Os quelíceros ortognatos articúlanse de tal maneria que lles permiten movementos paralelos ao eixe do corpo. Este tipo de quelíceros dase en arañas (Liphistiomorphae e Mygalomorphae, e nas ordes próximas dos Amblypygi, Schizomida e Uropygi (Thelyphonida).[3]
- Os quelíceros labidognatos móvense en ángulo recto respecto ao eixe do corpo; son característicos das arañas araneomorfas (Araneomorphae).[3]
Quelíceros en tesoura
Os quelíceros en tesoura teñen forma de quela e están compostos por dous artellos. Danse nas ordes dos pseudoscorpións e dos solífugos.
Quelíceros de tres artellos en pinza
Esta é a condición primitiva e dase en palpígrados, escorpións e opilións. Encóntranse tamén noutros quelicerados non arácnidos, como os xifosuros e os euriptéridos.
Talvez os quelíforos dos picnogónidos sexan homólogos deste tipo de quelíceros e deberán considerarse aquí.
Remove ads
Quelíceros das arañas

A práctica totalidade dos araneidos posúen glándulas velenosas asociadas aos quelíceros. As glándulas do veleno sitúanse no interior dos quelíceros e case sempre se estenden no interior do prosoma; pode esperemerse pola araña voluntariamente. O cairo ou ferrete, que funciona como unha agulla hipodérmica, é o que penetra na pel ou no exoesqueleto da presa; inoculan o veleno a través duns orificios no ápice dos ferretes ao picaren ás súas presas.[2]
Cando unha araña ameaza picar, os dous quelíceros sepáranse do prosoma e os ferretes ábrense como unha navalla pregábel. Nos migalomorfos, os ferretes non se abren moito, pero nas demais arañas sepáranse moito o un do outro, ao tempo que se elevan. Algunhas picaduras de araña poden penetrar as uñas dos pés dunha persoa ou atravesar calzado de coiro brando.
Remove ads
Galería
- Phidippus audax: a parte basal dos quelíceros son as dúas pezas bucais de cor verde iridiscente.
- Vista lateral do prosoma dunha araña (sen patas, cor marrón) e dos dous artellos dun quelícero (gris e negro).
- O ferrete desta Psalmopoeus cambridgei inmatura mide uns 2 mm de lonxitude. A araña mide uns 25 mm.
- Quelíceros dun solífugo.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads