From Wikipedia, the free encyclopedia
Osmerus eperlanus é unha especie de peixe teleósteo da orde dos osmeriformes pertencente ao xénero Osmerus,[1][2] que vive nas costas do Atlántico oriental, desde o mar Báltico até a Bretaña francesa, podendo chegar ás veces até o golfo de Biscaia, e no norte de Rusia, nos mares Branco e de Barents, xa no océano Ártico.
Osmerus eperlanus Eperlán europeo | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Pouco preocupante | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Osmerus eperlanus (Linnaeus, 1758) |
Pode vivir tanto no mar como nas augas doces o nas salobres (algúns individuos son anádromos.[3]
Coñécese en galego como eperlán europeo.[4]
O nome eperlán,[4] provén do francés éperlan, e este do franco *spirling, do que derivan tamén os seus nomes en alemán (Spierling) e en neerlandés (spirling).[5]
O epíteto europeo sinala a súa distribución xeográfica, xa que a outra especie recoñecida do xénero, Osmerus mordax, e outra posíbel, só recoñecida por algúns autores, Osmerus spectum, son de distribución norteamericana.
As súas principais características morfolóxicas son:[3][6][7]
O eperlán europeo é un peixe que vive no mar, en augas doces e salobres; peláxico-nerítico, e anádromo,[7] a profundidades duns 50 m,[8] en augas temperadas, preferibelmente duns 10 °C de temperatura.[11]
Distribúese polo norte do océano Atlántico oriental (e o sur do océano Ártico), entre os 70 °N e os 43°N, e entre os 9 °W e os 55 °E.[7] Esténdese desde as costas do mar Branco e do Báltico cara ao sur, polas das illas Británicas, o sur do mar do Norte e o oeste de Francia,[8] sendo o esteiro da Xironda o límite sur da súa área de dispersión.[12]
Os espécimes que viven no mar fano preto da costa, en grandes cardumes migratorios, pero tamén hai numerosas poboacións illadas nos lagos de auga doce das zonas costeiras do norte, reliquias da última glaciación.[3] A subespecie Osmerus eperlanus eperlanus, rexistrada nas zonas próximas aos mares Branco e de Barents, e cara ao oeste, a través das do mar Báltico até Dinamarca, é principalmente lacustre. Mentres que a subespecie Osmerus eperlanus schonfoldi é simpátrica coa anterior en partes da costa de Polonia e Dinamarca no mar Báltico, é principalmente anádroma.[8]
O eperlán europeo aliméntase de copépodos e outros crustáceos e pequenos animais planctónicos, e os exemplares máis grandes tamén poden comer peixes pequenos.[3]
As poboacións que viven en augas salobres alcanzan a maduez sexual entre os 3 e os 4 anos, cando miden de 15 a 18 cm, e as dulciacuícolas aos 1-2 anos, cando miden entre os 8 e os 10 cm.[3][7]
As formas migratorias penetran nos ríos para a desova, que transcorre entre os meses de febreiro a maio, dependendo da tempetratura da auga, e se produce en fondos areosos ou de grava.[3][7]
As femias poden producir entre 8 000 e 50 000 oivos, que son de cor amarela e duns 0,6 a 0,9 mm de diámetro. Os ovos quedan adheridos ao fondo, e eclosionan tras 3 ou 5 semanas.[3]
As larvas desprázanse polos ríos cara a abaixo, até chegaren aos estuarios, onde completan o seu desenvolvemento.[7]
Esta especie foi descrita en 1758 polo naturalista sueco Carl von Linné, na 10ª edición do seu Systema Naturae, baixo o nome de Salmo eperlanus.[1]
Posteriormente foi reclasificada dentro do xénero Osmerus (que tamén creou Linneo en 1758). Cómpre sinalar que os osméridos son moi semellantes, en forma e hábitos, aos salmoniformes, e que durante moito tempo estiveron integrados naquela orde (a aínda hoxe algúns autores sitúanos alí).
Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:[1]
O eperlán europeo é unha especie obxecto de pesca para o consumo humano. Captúrase principalmente en Rusia e no Báltico, onde adoita consumirse afumado.[3]
Durante a desova os eperláns poden ser facilmente apañados con redes. Fóra da temporada de desova, no outono, moitos eperláns se encontran nos portos da costa do mar Báltico, onde poden ser capturados con carnadas adecuadas.[Cómpre referencia]
En épocas anteriores podían ser capturados en grandes cantidades nos ríos, mediante cestos en lugar de redes. En tempos modernos chegaron a ter unha case nula importancia real porque só podían collerse en ríos contaminados e en cantidades moi pequenas, polo que os eperláns non tiñan gran demanda.[Cómpre referencia]
Pero hoxe en día, dado que mellorou a calidade da auga dos ríos, a súa importancia volve a ser cada vez máis grande, e hai moitos bares e restaurantes levados polos mesmos pescadores.[Cómpre referencia]
Aínda que o eperlán europeo é un peixe moi pequeno, é moi apreciado como alimento. Se lle tira a cabeza, pero a cola e as espiñas non, porque son moi suaves. Xeralmente cómese coa man, e xeralmente frito. No norte de Alemaña é moi popular o seu consumo, tradicionalmente rebozados en fariña de centeo e logo fritidos con manteiga acompañada de touciño.[Cómpre referencia]
En Hamburgo hai un distrito denominado Stintfang (olor a eperlán), que indica isto, e en Luneburgo (na Baixa Saxonia) hai unha rúa cunha restra de bares e restaurantes onde se consome este peixe, a Stintmarkt. Pódense servir acompañados con patacas asadas, ensalada, ou salsa de Apfelmus ou mazá.[Cómpre referencia]
Na cidade rusa de San Petersburgo o eperlán está considerado como un manxar especial, famoso polo seu olor a "cogombro". De marzo a abril ábrese a temporada cunh manchea de vendedores ambulantes ofrecendo a mercancía fresca; o olor a cogombro permite aos clientes encontralos facilmente. Nalgúns restaurantes, e en moitas casas, preparan eperláns para a cena; os peixes rebózanse con fariña triga e fríense suavemente. Os eperláns tamén se consomen afumados e en escabeche, como os arenques.[Cómpre referencia]
A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais cualificou, desde o ano 2008, o status desta especie como LC (pouco preocupante), cualificación que mantén a día de hoxe, debido a que ten unha ampla distribución e non se coñecen ameazas xeneralizadas importantes. Porén, localmente etá ameazada pola contaminación e polas barreiras quje impiden a súa migración.[13]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.