![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/32/Highway_101_at_night_in_Los_Angeles.jpg/640px-Highway_101_at_night_in_Los_Angeles.jpg&w=640&q=50)
Os Ánxeles
cidade estadounidense situada no estado de California, Estados Unidos / From Wikipedia, the free encyclopedia
Os Ánxeles[1][2][3][4], Los Angeles[5][6][7] ou Los Ángeles[8] (en inglés: Los Angeles, [lɔːs ˈændʒələs] (AFI), escoitar, normalmente abreviado como L.A.; en castelán: Los Ángeles, [los ˈaŋxeles] (AFI)) é a cidade máis grande do estado estadounidense de California e é a segunda cidade máis poboada dos Estados Unidos despois de Nova York , así como unha das megacidades máis poboadas do mundo. Está situada nunha conca do sur de California adxacente ao océano Pacífico que se estende polas montañas de Santa Mónica e ata o val de San Fernando e abarca unha superficie de 1215 km². Ten, segundo o Censo dos Estados Unidos de 2020, unha poboación estimada de 3 898 747[9] habitantes, experimentando un crecemento dun 4,9 % en 10 anos.[10]
El Pueblo de Nuestra Señora la Reina de los Ángeles del Río de Porciúncula (es) ![]() | |||||||
Alcume | City of Angels, La-la-land e Tinseltown ![]() | ||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Nomeado en referencia a | Nossa Senhora Rainha (pt) ![]() ![]() | ||||||
Localización | |||||||
| |||||||
Estado | Estados Unidos de América | ||||||
Estado federado | California | ||||||
Condado | Condado dos Ánxeles ![]() | ||||||
Capital de | |||||||
Poboación | |||||||
Poboación | 3.898.747 (2020) ![]() | ||||||
Número de fogares | 1.402.522 (2020) ![]() | ||||||
Xeografía | |||||||
Situado na entidade territorial estatística | Região metropolitana de Los Angeles (pt) ![]() ![]() ![]() | ||||||
Superficie | 1.302,15171 km² ![]() | ||||||
Auga | 6,7682 % (1 de abril de 2010) ![]() | ||||||
Bañado por | Océano Pacífico ![]() | ||||||
Altitude | 93 m ![]() | ||||||
Comparte fronteira con | Lomita San Pedro, Estados Unidos Gardena (pt) ![]() Culver City (pt) ![]() Carson Torrance (pt) ![]() West Athens (pt) ![]() Long Beach Beverly Hills Westmont (pt) ![]() Monterey Park (pt) ![]() Ladera Heights (pt) ![]() Lynwood (pt) ![]() West Carson (pt) ![]() Calabasas (pt) ![]() Montebello (pt) ![]() Inglewood (pt) ![]() Santa Monica Willowbrook (pt) ![]() Alhambra (pt) ![]() South Pasadena (pt) ![]() East Los Angeles (pt) ![]() Compton (pt) ![]() Huntington Park (pt) ![]() West Hollywood Monterey Glendale El Segundo (pt) ![]() Pasadena Hidden Hills (pt) ![]() Burbank (pt) ![]() São Fernando (pt) ![]() Vernon (pt) ![]() ![]() | ||||||
Datos históricos | |||||||
Creación | 4 de setembro de 1781 ![]() | ||||||
Evento clave
| |||||||
Organización política | |||||||
• Alcaldesa ![]() | Karen Bass (pt) ![]() ![]() | ||||||
Órgano lexislativo | Los Angeles City Council (en) ![]() ![]() | ||||||
Identificador descritivo | |||||||
Código postal | 90001–90068, 90070–90084, 90086–90089, 90091, 90093–90097, 90099, 90101–90103, 90174, 90185, 90189, 90291–90293, 91040–91043, 91303–91308, 91342–91349, 91352–91353, 91356–91357, 91364–91367, 91401–91499 e 91601–91609 ![]() | ||||||
Fuso horario | |||||||
Prefixo telefónico | 213, 310, 424, 323, 747 e 818 ![]() | ||||||
Outro | |||||||
Irmandado con | |||||||
Páxina web | lacity.gov ![]() | ||||||
![]() ![]() ![]() |
A cidade é o centro da área estatística metropolitana dos Ánxeles-Long Beach-Santa Ana e do Grande os Ánxeles que, segundo o censo de 2010, sumaban unha poboación de 13 e 18 millóns de persoas, respectivamente. É, polo tanto, unha das áreas metropolitanas máis grandes do mundo[11] e a segunda dos Estados Unidos.[12] A cidade é tamén a sede do Condado dos Ánxeles, un dos condados máis poboados e etnicamente diversos do país.;[13] a propia cidade dos Ánxeles é recoñecida como unha das metrópoles máis diversas do planeta.[14]
A área máis grande dos Ánxeles acolle a unha zona moito maior, que consta de cinco condados e unha poboación aproximada de 18 millóns de persoas.
Os Ánxeles é un dos centros do mundo no referente a cultura, ciencia, tecnoloxía, comercio internacional e educación avanzada, e é a sede mundial de coñecidas institucións nun amplo campo profesional e cultural. A cidade e os seus arredores inmediatos lideran o mundo en producións de entretemento, tales como a industria cinematográfica, industria televisiva e industria discográfica, que son a base da fama internacional dos Ánxeles e do seu status global.
O nome da cidade é pronunciado /lɒs ˈændʒəˌlɪs/ polos seus residentes anglofalantes, e /los aŋheles/ polos seus hispanofalantes. Aos habitantes dos Ánxeles chámaselle ás veces "Angelenos" en inglés.
Os Ánxeles foi fundada en 1781 polo español Felipe de Neve. Formou parte de España e despois de México, cando México gañou a independencia de España en 1821, e ata 1848, cando México cedeu California aos Estados Unidos mediante un tratado ao rematar a guerra entre ámbolos dous. Non foi incorporada como cidade ata o 4 de abril de 1850, cinco meses antes de que California conseguira a condición de Estado. É a capital do condado dos Ánxeles, e o seu nome foi acurtado de "La Ciudad de Nuestra Señora la Reina de Los Ángeles de Porciúncula".