Xogos Olímpicos de 1984
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os Xogos Olímpicos de 1984 foron realizados na cidade dos Ánxeles, EUA, entre o 28 de xullo e 12 de agosto de 1984, sen a participación dos países da Europa Oriental, liderados pola URSS, ademais de países comunistas como Cuba, Corea do Norte e Etiopía, en resposta ó boicot liderado polos norteamericanos ós Xogos de Moscova, realizados catro anos antes.
Nome oficial | Spiller vun der XXIII. Olympiad |
---|---|
Tipo | Xogos Olímpicos de Verán |
Mascota | Sam (pt) |
Parte de | Xogos Olímpicos de Verán |
Composto por | Voleibol nos Jogos Olímpicos de Verão de 1984 Saltos ornamentais nos Jogos Olímpicos de Verão de 1984 Handebol nos Jogos Olímpicos de Verão de 1984 + ../... 29 |
Número de participantes | 140 6.829 |
Localización e Datas | |
Eventos olímpicos | 221 |
Localización | Os Ánxeles (Condado dos Ánxeles) Los Angeles Memorial Coliseum (Os Ánxeles) |
País | Estados Unidos de América |
Intervalo de tempo | 28 de xullo de 1984 – 12 de agosto de 1984 |
Número de edición | 23 (1984) |
Aberto oficialmente por | Ronald Reagan |
Xuramento feito por | Edwin Moses Sharon Weber (en) |
Facho acendido por | Rafer Johnson |
Outro | |
Páxina web oficial | olympics.com… |
A pesar do boicot, que prexudicou o nivel técnico de varias modalidades dominadas polos europeos do leste e polos cubanos, Os Ánxeles –candidata única á realización destes Xogos, debido ó receo xeral provocado polos grandes prexuízos económicos sufridos por Montreal nos seus Xogos Olímpicos de 1976- recibiu a presenza dun número récord de atletas, 6.829 (1566 mulleres, outro récord) de 140 países e foi cuberto por máis de 9.000 xornalistas de todo mundo.
A rica e suntuosa cerimonia de apertura, oficialmente feita polo presidente Ronald Reagan, un nativo do estado de California, sede dos Xogos, ocorreu no mesmo estadio olímpico, o Memorial Colyseum completamente remodelado, onde foron realizados xa os Xogos Olímpicos de 1932 e contou coa emoción da entrada da chama olímpica cargada pola neta de Jesse Owens, o máis emblemático dos heroes olímpicos americanos e gran nome dos Xogos Olímpicos de 1936 de Berlín, alén da inesquecible participación do home-foguete, nunha demostración da tecnoloxía dos anfitrións.
Mais o feito máis importante destes Xogos foi o anuncio, feito polo Presidente do Comité Organizador Peter Ueberroth meses após o seu termo, de que deran un beneficio de 200 millóns de dólares, alén do lucro indirecto á propia cidade, o que significaba que os Xogos Olímpicos poderían ser economicamente viables, afastando a sombra dunha extinción provocada pola imposibilidade económica que vagaba sobre eles.