Pasadena, California
cidade no condado dos Ánxeles, California From Wikipedia, the free encyclopedia
cidade no condado dos Ánxeles, California From Wikipedia, the free encyclopedia
Pasadena é unha cidade estadounidense no condado dos Ánxeles, California, situada a 16 quilómetros ao nordés do centro dos Ánxeles.
Pasadena (en) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Estados Unidos de América | ||||
Estado federado | California | ||||
Condado | Condado dos Ánxeles | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 138.699 (2020) (2.315,44 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 56.718 (2020) | ||||
Xeografía | |||||
Situado na entidade territorial estatística | área metropolitana dos Ánxeles (Poboación:13.200.998) | ||||
Superficie | 59,901735 km² | ||||
Auga | 0,6834 % (1 de abril de 2010) | ||||
Altitude | 263 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 1886 | ||||
Organización política | |||||
• Mayor of Pasadena, California (en) | Victor Gordo (en) (2020–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 91101, 91103, 91104, 91105, 91106, 91107 e 91191 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 626 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | cityofpasadena.net | ||||
A poboación estimada de Pasadena era de 142 059 habitantes en 2016, converténdoa na 183ª cidade máis grande dos Estados Unidos.[1] Pasadena é a novena máis grande no condado dos Ánxeles. A cidade foi incorporada o 19 de xuño de 1886, converténdose nunha das primeiras en ser incorporadas no que agora é o condado dos Ánxeles, despois da cidade dos Ánxeles (4 de abril de 1850). É un dos principais centros culturais do val de San Gabriel.[2]
A cidade é coñecida por albergar anualmente o partido de fútbol americano Rose Bowl e por celebrar o Rose Parade. Ademais, Pasadena é tamén fogar de moitas institucións científicas e culturais, como Caltech, Pasadena City College, Fuller Theological Seminary, ArtCenter College of Design, Pasadena Playhouse, Ambassador Auditorium, Norton Simon Museum e USC Pacific Asia Museum.
Os habitantes orixinais de Pasadena (un palabra Chippewa que significa "Coroa do Val")[3] e das áreas circundantes eran membros da tribo nativoamericana Hahamog'na, unha rama da nación tongva. Falaban a lingua tongva (parte do grupo de linguas uto-aztecas) e levaban vivindo na cunca dos Ánxeles milleiros de anos. As vivendas tongva bordeaban o Arroyo Seco (condado dos Ánxeles) na presente Pasadena e no sur ata onde se xunta co río Os Ánxeles e ao longo doutras vías fluviais naturais na cidade.
Os nativos vivían en casas de palla con forma de cúpula. Vivían cunha dieta de fariña de landra, sementes e herbas, carne de veado e doutros pequenos animais. Intercambiaban peixes do océano cos tongva da costa. Facían recipientes de cociña de esteatito procedente da illa Catalina. A ruta de transporte máis antiga existente en Pasadena é o antigo camiño peonil de tongva, tamén coñecido como Gabrielino Trail, que segue a cara ao leste do Rose Bowl e o Arroyo Seco pasado o Laboratorio de Propulsión a Chorro nas montañas San Gabriel. O camiño foi usado continuamente durante milleiros de anos. Unha parte do camiño aínda segue en uso no que é coñecido como Salvia Canyon. Cando os españois ocuparon a cunca dos Ánxeles construíron a Misión San Gabriel e bautizaron os tongva como "indios gabrielinos", polo nome da misión. No presente varios grupos de tongva viven na área dos Ánxeles.[4]
Pasadena é unha parte da concesión de terras mexicanas orixinal chamada Rancho del Rincón de San Pascual, chamado así porque foi entregado o domingo de Pascua a Eulalia Perez de Guillén Mariné da Misión San Gabriel Arcanxo. O Rancho comprendía as terras das actuais comunidades de Pasadena, Altadena e South Pasadena.
Antes da anexión de California en 1848, o derradeiro dos donos mexicanos foi Manuel Garfias que retivo o título de propiedade tras converterse en estado en 1850. Garfias vendeu partes da propiedade aos primeiros colonos anglos en chegar á zona: o doutor Benjamin Eaton, o pai de Fred Eaton; e o doutor S. Griffin. A meirande parte da propiedade foi mercada por Benjamin Wilson, que estableceu a súa propiedade Lake Vineyard na veciñanza. Wilson, coñecido como Don Benito polos indios locais, tamén tiña o Rancho Jurupa (en Riverside, California) e foi alcalde dos Ánxeles. Era o avó do xeneral da segunda guerra mundial George S. Patton, Jr. e de quen recibiu o seu nome o monte Wilson.
En 1873 Wilson foi visitado polo doutor Daniel M. Berry de Indiana que buscaba un lugar no país que puidese ofrecer un clima temperado para os seus pacientes, a maioría dos cales padecían enfermidades respiratorias. Berry era asmático e afirmou que tivera as súas tres mellores noites de sono no Rancho San Pascual. Para manter o segredo, Berry chamou á área co nome en código de "Muscat" despois de que as uvas de Wilson medrasen. Para conseguir fondos para levar á xente a San Pascual, Berry formou a Southern California Orange and Citrus Growers Association e vendeu bens nela. Os recentemente chegados foron capaces de comprar unha gran parte da propiedade ao longo do Arroyo Seco e o 31 de xaneiro de 1874 incorporaron a Indiana Colony. Como un xesto de boa vontade, Wilson engadiu 2 000 acres (8 km²) das terras altas da propiedade entón inútiles, parte das cales se converterían en Altadena. O coronel Jabez Banbury abriu a primeira escola en South Orange Grove Avenue. Banbury tiña dúas fillas xemelgas, chamadas Jennie e Jessie, que se converteron nas primeiras estudantes en asistir a esa escola.[5]
Na época, a Indiana Colony tiña unha estreita franxa de terra entre o Arroyo Seco e Fair Oaks Avenue. No outro lado da rúa estaba Lake Vineyard. Despois de máis dunha década de desenvolvemento paralelo dos dous lados, os dous asentamento fusionáronse na Cidade de Pasadena.
A popularidade da rexión trouxo xente de todo o país e Pasadena converteuse finalmente nunha parada do Atchison, Topeka and Santa Fe Railway, o que provocou unha explosión no crecemento. Da explosión inmobiliaria da década de 1880 ata a Gran Depresión, a medida que se desenvolvían grandes hoteis turísticos na cidade, Pasadena converteuse nun destino de vacacións de inverno para ricos da costa leste, estimulando o desenvolvemento de novos barrios e distritos comerciais, e incrementando as conexións viarias cos Ánxeles, que culminarían coa apertura do Arroyo Seco Parkway, a primeira autoestrada de California.[6] En 1940, Pasadena era a oitava cidade máis grande de California e era amplamente considerada unha cidade xemelga dos Ánxeles.
O primeiro dos grandes hoteis establecidos en Pasadena foi o Raymond (1886) enriba de Bacon Hill, renomeado Raymond Hill tras a súa construción. Pasadena foi servida polo Atchison, Topeka and Santa Fe Railway no Santa Fe Depot do centro cando se abriu o Segundo Distrito en 1887. O Mansard Victorian orixinal de 200 habitacións ardeu a maá de Pascua de 1895, foi reconstruído en 1903, e arrasado durante a Gran Depresión para facer oco ao desenvolvemento residencial. O hotel Maryland existía dende principios da década de 1900 e foi demolido en 1934. O mundialmente famoso Mount Lowe Railway e os hoteis de montaña asociados pecharon catro anos despois debido a un incendio. Tres estruturas de hoteis sobreviviron, o hotel Green (unha cooperativa dende 1926), o Vista Del Arroyo (agora usado como xulgado federal), e unha torre residencial do Maryland no 80 de North Euclid Avenue (unha cooperativa dende 1953).[7]
A época American Craftsman na arte e no deseño está ben representada en Pasadena. Afirma de arquitectura Greene and Greene desenvolveu o estilo e moitas das súas residencias aínda existen. Dous exemplos dos seus Ultimate bungalow son a obra mestra Gamble House, na que se realizan visitas guiadas, e a Robert R. Blacker House, ámbalas dúas designadas Fitos Históricos de California e inscritas no Rexistro Nacional de Lugares Históricos.
A segunda guerra mundial demostrou ser unha bendición para Pasadena xa que o sur de California converteuse nunha importante área de concentración para a guerra no Pacífico. Empresas de alta tecnoloxía e científicas instaláronse na cidade, unha tendencia que continuou nas décadas seguintes á guerra, destacando o Laboratorio de Propulsión a Chorro da NASA, Tetra Tech e Ameron International.
Nos anos 50 Pasadena viu un forte fluxo de xente do sur dos Estados Unidos, especialmente afroamericanos de Texas e Luisiana. Pasadena tamén comezou a albergar a unha gran comunidade de inmigrantes, particularmente de Guatemala, O Salvador e Armenia.
A Academia Estadounidense de Arte Dramática, fundada en 1884 en Nova York, inaugurou o seu campus de Pasadena en 1974. Porén, no ano 2000 o conservatorio moveuse de Pasadena a Hollywood.[8] O conservatorio foi a primeira escola do país en ofrecer educación profesional no campo da actuación, adestrando a actores nun programa de dous anos. A Universidade Nazarena de Point Loma estivo situada en Pasadena durante moitos anos antes de mudarse ao condado de San Diego, e conservou os nomes de Pasadena University e Pasadena College.
En 1969 foi desagredado o Distrito Escolar Unificado de Pasadena, aínda que a cuestión seguiría sendo combatida nos tribunais durante unha década. Un ano despois construíuse a autoestrada 210 ao longo dunha nova ruta elixida. A construción da autoestrada foi controvertida, xa que causou a demolición dun milleiro de casas, moitas delas históricas, e moitos afirmaron que a ruta foi deseñada para cortar os barrios menos ricos da cidade.
A situación non mellorou. O centro de Pasadena volveuse perigoso nalgunhas partes e quedou deserto noutras, e as incidencias de asasinatos e incendios provocados disparáronse. A vella Pasadena enfrontábase á destrución a medida que se elaboraban plans para novos desenvolvementos de grande altura, aínda que foron detidos por defensores de preservación cada vez máis activos. Pasadena sufriu demográficamente a medida que moitos veciños marchaban aos suburbios próximos ou a Inland Empire, causando un descenso xeneralizado na poboación. A pesar deses contratempos, moitos artistas e hípsters mudáronse á zona aproveitando o baixo valor das propiedades. O seu legado pode verse hoxe en día no Doo Dah Parade que comezou a celebrarse en 1978.[9]
Nos anos 80 aumentou a violencia das bandas en Pasadena, unha tendencia que culminaría en 1993 co Masacre de Halloween, no que tres adolescentes foron asasinados por membros da banda Bloods e tres máis resultaron feridos. Isto levou ao Departamento de Policía de Pasadena a tomar medidas enérxicas contra a actividade das pandillas, que se reduciu a mediados dos 90.
A área metropolitana de Pasadena está delimitada pola liña da falla Raymond Fault, os outeiros de San Rafael, e a serra de San Gabriel. O Arroyo Seco, un importante elemento xeográfico e fogar do Rose Bowl, flúe dende as cabeceiras do impoñente cinto verde Bosque Nacional dos Ánxeles na serra de San Gabriel.[2] Segundo a oficina do censo dos Estados Unidos a cidade ten unha área total de 60 km², dos cales un 99% é terra e un 0.68% é auga.[10]
Situada a 16 quilómetros ao nordés do centro dos Ánxeles, Pasadena está rodeada por 12 comunidades: Glendale, Highland Park, Eagle Rock, South Pasadena, San Marino, Temple City, San Gabriel, Arcadia, Sierra Madre, La Cañada Flintridge e Altadena. As comunidades de Eagle Rock, Highland Park e Garvanza están incorporadas dentro da cidade dos Ánxeles e Altadena é unha parte non incorporada do condado dos Ánxeles.[2]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.