A novela policial, ou novela detectivesca, é un subxénero dentro da novela. O seu principal móbil constitúeo a resolución dun enigma, xeralmente de tipo criminal. Adoita tratarse dunha estrutura novelística pechada.

Thumb
Sherlock Holmes por Sidney Paget.

Historia

Se ben o xénero ten moi antigos precedentes (como os contos hebreos tradicionais sobre a sagacidade do profeta Daniel incorporados á Biblia no Libro de Daniel, ou a traxedia de Sófocles Edipo Rei, ou a novela picaresca, ou a biografía de criminais, ou os libros de causas célebres). O xénero é fundamentalmente tan moderno como a mesma literatura de ciencia ficción, e tense desenvolvido durante os séculos XIX e XX. Nos seus inicios foi cualificado como "literatura barata" ou "subliteratura" porque o crime era de por si un tema antiestético e non había fondo moral nin artístico.

Pode dicirse que o creador da novela policial é o estadounidense Edgar Allan Poe, cos seus contos The Murders in the Rue Morgue (1841), The Mystery of Marie Rogêt (1842), The Purloined Letter (1844) e The Gold-Bug (1843). Os tres primeiros foron protagonizadas por Auguste Dupin, o primeiro detective de ficción, que serviu de modelo a un dos personaxes arquetípicos do xénero, o detective Sherlock Holmes de Arthur Conan Doyle. Este, xunto a Agatha Christie e outros autores, levaron ó xénero á súa madurez formando a chamada escola inglesa de novela policial, caracterizada por un desenvolvemento case matemático da trama, centrada na resolución do enigma a través de pistas e pezas que deben encaixarse, fórmula intelectualizada e psicolóxica nos seus mellores momentos que é desenvolta case sempre en espazos interiores e en estratos sociais de clase alta.

Novela negra

Artigo principal: Novela negra.

A escola estadounidense de novela policial, pola contra, formada principalmente por Dashiell Hammett e Raymond Chandler na costa oeste (detectives privados en California) e por Chester Himes (policías negros no Harlem neoiorquino), criticou o escaso realismo desas novelas e deixou en segundo lugar a importancia do enigma, subordinándoo ó suspense, sempre coa fin de subliñar os aspectos sociais do crime e a denuncia dunha sociedade corrupta, contribuíndo a crear a chamada novela negra, de ambientación urbana e das rúas e suburbios e onde se devolve o crime ós ambientes miserables onde máis se adoita cometer, de forma que se cuestionen os valores éticos e materialistas da sociedade capitalista de consumo como responsable en última instancia do crime.

A novela negra evolucionou e vulgarizouse grazas ó seu éxito en coleccións populares cara ao subxénero do suspense, onde se mesturan as novelas policiais coas novela de aventuras.

Véxase tamén

Outros artigos

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.