Ofensa á lei penal From Wikipedia, the free encyclopedia
Un crime[1][2] (do termo en latín crimen) ou delito é unha ofensa á lei penal dun estado ou doutra autoridade.[3] O crime, así como toda infracción penal, caracterízase pola práctica dunha conduta tipificada pola lei penal como ilícita. Só se consideran crimes as condutas practicadas por humanos.
Nun sentido vulgar, crime é un acto que viola unha norma moral. Nun sentido formal, crime é unha violación da lei penal incriminadora. No concepto material, crime é unha acción ou omisión que se prohibe e se procura evitar, ameazándoa con pena, porque constitúe ofensa (dano ou perigo) a un ben xurídico individual ou colectivo. A prohibición de actos como o asasinato, a violación e o roubo é internacional.[4]
Como concepto analítico, o crime pode ser dividido en dúas vertentes: a causalista e a finalística. A teoría causalista da acción (ou Teoría Clásica), observa o crime como un feito tipificado como tal por lei e ilegal. Tal división baséase na premisa de que a culpabilidade é un vínculo subxectivo entre a acción e o resultado de certa conduta e non é considerada como requisito para caracterizar un crime.
Para a teoría finalista da acción, a máis aceptada polos doutrinadores, unha conduta só será considerada criminal se for típica, ilícita e culpábel, unha vez que os motivos e obxectivos subxectivos do axente son analizados e decisivos para a caracterización ou non da infracción. A conduta só será considerada criminal se for recoñecido o dolo na motivación do axente criminoso, ou a culpa, cando a Lei Penal expresamente prever esta posibilidade.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.