From Wikipedia, the free encyclopedia
En lóxica, unha premisa (do latín praemissa, 'proposición previa'; de prae, diante, e mittere, enviar), é cada unha das proposicións anteriores á conclusión dun argumento.[1] Nun argumento válido, as premisas implican a conclusión, pero isto non é necesario para que unha proposición sexa unha premisa: o único relevante é o seu lugar no argumento, non o seu papel.[2] Ao seren proposicións, as premisas sempre afirman ou negan algo e poden ser verdadeiras ou falsas.
Considérese o seguinte argumento:
Neste argumento, as proposicións 1, 2 e 3 son as premisas, e a proposición 4 é a conclusión. Un argumento pode ter calquera número (en xeral, finito) de premisas, incluso ningunha (en cuxo caso a conclusión adoita ser un teorema e unha verdade lóxica).[3]
Hai razoamentos dunha premisa (houbo polo menos unha testemuña), e razoamentos con máis dunha premisa. Así sucede cos siloxismos ordinarios [4], que cunha soa premisa (por exemplo: Antón o viu todo). Polo tanto, dunha premisa maior (que contén o termo maior, predicado da conclusión) e unha premisa menor (que contén o termo menor, que fai de suxeito na conclusión). Por exemplo:
Nos razoamentos indutivos, a conclusión obtense por xeneralización, a partir de varias premisas particulares. Por exemplo, a partir dunha serie de observacións (o cobre é un metal e é bo condutor da electricidade; o ferro é un metal e é bo condutor da electricidade etcétera) conclúese, por indución, que todos os metais son bos condutores da electricidade.[5]
En ocasións, para alcanzar a conclusión dun razoamento é necesario utilizar premisas subsidiarias, isto é, supoñer máis información da que o razoamento contempla. Por exemplo, partir do contrario do que se desexa demostrar. Se de dito suposto dedúcese un absurdo, entón pódese afirmar a conclusión sen problemas.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.