Dashiell Hammett

escritor estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia

Dashiell Hammett

Samuel Dashiell Hammett, nado en Saint Mary's County (Maryland) o 27 de maio de 1894 e finado en Nova York o 10 de xaneiro de 1961, foi un escritor norteamericano de novela negra.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Dashiell Hammett
Thumb
Biografía
Nacemento27 de maio de 1894
Baltimore, Estados Unidos de América
Morte10 de xaneiro de 1961 (66 anos)
Nova York, Estados Unidos de América
Causa da mortecancro de pulmón
Lugar de sepulturaCemiterio Nacional de Arlington
RelixiónIgrexa católica
EducaciónBaltimore Polytechnic Institute (en)
Actividade
Ocupaciónescritor, xornalista, crítico literario, guionista, novelista, prosista
Período de actividade1929 - 1961
Partido políticoPartido Comunista dos Estados Unidos da América (pt)
Membro de
Xénero artísticoFicción detectivesca e novela policial
Carreira militar
Rama militarExército dos Estados Unidos de América
ConflitoPrimeira guerra mundial
segunda guerra mundial
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
CónxuxeJosephine Dolan
ParellaLillian Hellman

Descrito pola fonteObálky knih,
Allocine: 82581 TV.com: people/dashiell-hammett IBDB: 75792
Bitraga: 4420 WikiTree: Hammett-304
Pechar
Thumb
Tumba de Dashiell Hammett

Traxectoria

Aínda que a tendencia realista tanto nos contidos como na linguaxe xa comezara nos relatos de Ernest Hemingway, Hammett codificou o estilo de ficción protagonizada por "tipos duros", onde se representan os baixos fondos e as baixas paixóns que levan á xente real a cometer crimes. Como dixo Raymond Chandler:

"Hammett devolveulle o crime á xente que o cometía por unha razón, non só para proporcionar un cadáver; e cos medios que tiña a man, non con pistolas de duelo feitas a man, curare ou peixes tropicais. Puxo a esta xente no papel tal como eran, e fíxoos pensar e falar como o facían ao dedicárense a isto." [1]

O seu primeiro conto publicouse en Black Mask en 1923, e aí naceu o Continental Op baseado nas súas experiencias como detective da axencia Pinkerton. Até 1930 apereceria nuns 30 contos e en dúas novelas. A primeira delas foi Colleita vermella (1929), a primeira obra mestra da novela negra, representando unha serie de crimes sen fin nunha cidade corrupta que podería ser calquera grande urbe contemporánea.

A partir de 1929 apareceu o personaxe de Sam Spade, que será o arquetipo de detective "hard boiled", un tipo frío e solitario, co seu propio sentido da xustiza. A representación que del fixo Humphrey Bogart na película The Maltese Falcon (dirixida en 1941 por John Huston) sentou a base de toda unha tradición fílmica e introduciu un novo mito no imaxinario colectivo.

Retirada

Hammett deixou de escribir en 1934. Malia que intentou retomalo posteriormente, no momento da súa morte só quedaron uns capítulos dunha nova novela Tulip, que por primeira vez non era de detectives.

En 1951 cumpriu 5 meses de prisión por negarse a declarar ante o Comité de Actividades Antiamericanas sobre as súas actividades no Partido Comunista dos Estados Unidos.

Obras

  • Colleita vermella (Red Harvest, 1929[2])
  • The Dain Curse ("A maldición dos Dain"; 1929)
  • The Maltese Falcon ("O falcón maltés"; 1930)
  • The Glass Key ("A chave de cristal"; 1931)
  • The Thin Man ("O home delgado"; 1934)
  • The Big Knockover ("O gran golpe"; relatos)

Traducións ao galego

Á altura de 2019, amais da novela Colleita vermella, fora traducido e publicado en galego o relato "Só poden enforcalo unha vez", dentro da Antoloxía do relato policial[3]

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.