Harlem

Barrio de Nova York, Estados Unidos From Wikipedia, the free encyclopedia

Harlemmap

Harlem é un barrio da sección norte da cidade de Nova York, no distrito de Manhattan. Dende a década de 1920, Harlem foi o centro residencial, cultural e de negocios dunha maioría afroamericana. Orixinalmente unha vila neerlandesa fundada en 1658,[1] o seu nome provén da cidade de Haarlem, nos Países Baixos. A historia de Harlem definiuse por ciclos de bonanza e crise, con significativas variacións de poboación con cada ciclo.[2]

Datos rápidos Epónimo, Localización ...
Harlem
Thumb

EpónimoHaarlem
Localización
Thumb Thumb
 40°48′33″N 73°56′54″O
EstadoEstados Unidos de América
Estado federadoNova York
CidadeNova York
BoroughManhattan
Poboación
Poboación363.633 (2010) (36.269 hab./km²)
Xeografía
Superficie10,026 km²
Creación1653
Identificador descritivo
Código postal10026 e 10039

Pechar
Thumb
O Teatro Apollo sobre da rúa 125, en novembro de 2006.

Os residentes afroamericanos comezaron a chegar en masa en 1905, con números incrementados pola Gran Migración. Nas décadas de 1920 e 1930, Harlem Central e Occidental foron o berce do "Renacemento de Harlem", un florecemento da creación artística sen precedentes na comunidade negra. Porén, o aumento do paro na época da Gran Depresión e a desindustrialización de Nova York despois da segunda guerra mundial, incrementou os índices de criminalidade e pobreza.[3]

Coa revitalización da cidade de Nova York a finais do século XX, Harlem experimentou un proceso de xentrificación. Malia este fluxo de nova riqueza, moita poboación sobrevive das axudas sociais, cun 34,9% na zona Occidental, un 43,3% na Central, e un 46,5% na Oriental.[4]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.