Remove ads
categoría de composición literaria From Wikipedia, the free encyclopedia
Ata a fin da idade media, a retórica coñeceu tres xéneros definidos polas súas motivacións:
A historia dos xéneros clásicos foi rastrexada minuciosamente por Gerard Genette no Introdución ó Arquitexto (1979). Genette estráñase de que esta clasificación puidese sobrevivir no esencial durante tantos anos cando contradí de forma manifesta a súa base. O avogado que acusa ou defende non pode facelo sen persuadir e sen eloxiar ou censurar. Os teóricos franceses do século XVII e XVIII recoñecen este estado do asunto e alertan de que os xéneros tenden a prestarse un apoio mutuo. Un sermón, por exemplo, pode alternar entre deliberativo e demostrativo. A aplicación desta teoría ás obras literarias presentaba aínda maiores problemas aínda que ofrecía, en contrapartida, a comodidade de tomar como base a existencia de tres funcións lingüísticas (incitar, persuadir e conmover) que certamente recubrían os nomes dos tres xéneros.
Ó longo do século XIX e durante a primeira metade do século XX, a estrutura piramidal domina a concepción do xénero, organizado en subxéneros compostos por varias especies de textos, que á súa vez comprenderían varias outras subespecies. Esta terminoloxía iría acompañada dos conceptos de paraxéneros (ó lado da novela, o relato breve e o conto) e de superxéneros (o lirismo ou o teatro, por exemplo).
Henri Bonnard é partidario de falar dos xéneros como de categorías que existen nunha época dada nun certo número e que poden ser clasificados atendendo ós diversos factores non xerarquizados que interveñen no esquema da comunicación:
Velaquí unha lista de xéneros e formas literarias:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.