Novela gráfica é un formato de publicación destinado a un público con guión dun só autor e que contén unha historia única, onde se fusionan o debuxo e a narrativa e se presentan temas profundos e historias extensas.[1][2] Ademais, nun sentido diacrónico, é un movemento vangardista do século XXI herdeiro da historieta alternativa e con difusión internacional, que abrangue tanto banda deseñada estadounidense (Charles Burns, Daniel Clowes, Gary Panter, Joe Sacco, Seth) como francófona (Guy Delisle, Marjane Satrapi) e mesmo española (Paco Roca, Luís Durán...), israelí (Rutu Modan) e xaponesa (Jiro Taniguchi), cuxa figura central é Chris Ware.[3] Como tal, implica unha revolución das historias abordadas, alén da revolución gráfica producida desde os anos 70.[4] Pode considerarse, neste senso, "como o último (até agora) dos varios intentos feitos pola banda deseñada de asaltar a fortaleza da respetabilidade cultural". Toda esta polisemia levou a confusións e contradicións entre os diversos autores, expertos e lectores. Recoñécese como a primeira novela gráfica á obra O Eternauta (1957) de Héctor Germán Oesterheld; aínda que a primeira obra auto proclamada como novela gráfica foi Contrato con Deus (1978) de Will Eisner; a cal popularizou o termo.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.