From Wikipedia, the free encyclopedia
Ciberpunk, ou cyberpunk no orixinal inglés, é un subxénero da ciencia ficción, coñecido pola súa atención posta na "alta tecnoloxía e o baixo nivel de vida". Así, toma o seu nome da combinación de cibernética e punk. Mestura ciencia avanzada, como as tecnoloxías da información e a cibernética, xunto con algún grao de desintegración ou cambio radical na orde social. De acordo con Lawrence Person:
Os personaxes do cyberpunk clásico son seres marxinados, afastados, solitarios, que viven á marxe da sociedade, xeralmente en futuros distópicos onde a vida diaria é impactada polo rápido cambio tecnolóxico, unha atmosfera de información computarizada ubicua e a modificación invasiva do corpo humano.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.