Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
Un caligrama é un conxunto de palabras dispostas de tal xeito que forman unha imaxe relacionada tematicamente. Pode ser un poema, unha frase, unha parte da escritura ou unha soa palabra; a disposición visual pode depender dun certo uso da tipografía, da caligrafía ou xestualidade da escritura a man, por exemplo ao longo de liñas de texto non paralelas e curvas, ou en parágrafos con forma. A imaxe creada polas palabras ilustra o texto expresando visualmente o que di, ou algo estreitamente asociado; tamén pode, a propósito, mostrar algo contraditorio co texto ou ser enganoso, ou pode achegar pensamentos e significados adicionais ao texto.
Caligrama Caligramme (en francés) | |
---|---|
Caligrama en francés de Guillaume Apollinaire que describe e representa visualmente á amante. As partes da imaxe da cara (como o sombreiro, o ollo, o nariz, a boca, o pescozo) usan palabras asociadas especificamente a esa parte. | |
"Poesía que se ve" | |
Tipo | Forma poética |
Propósito | Representar visualmente o significado ou tema do poema |
Campo de traballo | Literatura, Arte |
Área de operación | Literatura |
Data de fundación | Orixes na antigüidade, continuación na arte medieval (xudía, cristiá e islámica) e popularizado no século XX |
Fundador(es) | Na versión moderna dos caligramas, Guillaume Apollinaire é unha figura clave na súa popularización |
Nomeado en referencia a | A combinación das palabras "caligrafía" e "poema", en francés |
Traballos destacados | "Calligrammes" de Guillaume Apollinaire |
Eventos/Actividades | Publicacións, exposicións de poesía visual |
Organización relacionada | Movementos de poesía visual e poesía concreta |
Persoas relacionadas | Guillaume Apollinaire, Vicente Huidobro, Manuel Antonio etc. |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Guillaume Apollinaire foi escritor de caligramas e autor dun libro de poemas chamado Calligrammes.[1]
Blaise Cendrars, contemporáneo de Apollinaire, tamén explorou a poesía visual.[2]
Vicente Huidobro: Poeta chileno que desenvolveu caligramas como parte do seu movemento creacionista.
Manuel Antonio, poeta galego das vangardas da xeración de 1925, afín ao creacionismo, tamén foi un profuso creador de caligramas.[3]
E. E. Cummings, coñecido pola súa poesía non convencional en canto a formato e gramática, tamén experimentou con poesía visual.
Dylan Thomas. O poeta galés experimentou ocasionalmente con disposicións visuais nos seus poemas.
Augusto de Campos e Haroldo de Campos: Ambos irmáns, foron poetas brasileiros asociados ao movemento da poesía concreta, que ten moito en común co caligrama.[4]
Ian Hamilton Finlay: Artista e poeta escocés que combinou poesía, explorando tamén a poesía concreta nada no Brasil, con escultura e xardinería, creando composicións visuais.[5]
Mary Ellen Solt: Esta poeta americana foi coñecida polos seus caligramas, especialmente por poesías que tomaban a forma de flores.[6]
José Juan Tablada escribiu un libro de caligramas en castelán titulado "Li-Po y otros poemas".[7]
Emmett Williams, artista e poeta asociado ao movemento Fluxus, creou poesía visual que xoga coa forma e o significado.[8]
Eduardo Scala, é un artista plástico e poeta contemporáneo que se mergullou na creación de caligramas explorando a relación das artes e a lingüística.[9]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.