Vanuatu

From Wikipedia, the free encyclopedia

Vanuatumap

Vanuatu[1][2] (Inglés: Escoitari/ˌvɑːnuˈɑːt/ ou /vænˈwɑːt/; Bislama e pronuncia francesa [ vanuatu]), oficialmente a República de Vanuatu (francés: République de Vanuatu; Bislama: Ripablik blong Vanuatu), é un país insular situado no océano Pacífico Sur. O arquipélago, que é de orixe volcánica, está 1750 km. ao leste do norte de Australia, 540 km. ao nordés de Nova Caledonia, ao leste de Nova Guinea, ao sueste das Illas Salomón e ao oeste de Fidxi. O seu nome colonial era Novas Hébridas; este nome só é usado para referencias históricas.

Datos rápidos Himno, Lema ...
Modelo:Xeografía políticaVanuatu
Ripablik blong Vanuatu (bi)
République du Vanuatu (fr)
Republic of Vanuatu (en)
Vanuatu (bi) Editar o valor en Wikidata
Thumb

HimnoYumi, Yumi Editar o valor en Wikidata

Lema«Long God yumi stanap»
«In God we stand»
«С Бог удържаме»
«Safwn Gyda Duw» Editar o valor en Wikidata
Localización
Thumb Editar o valor en Wikidata Thumb
 17°S 168°L
CapitalPort Vila Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación300.019 (2020) Editar o valor en Wikidata (24,61 hab./km²)
Lingua oficialBislama
lingua francesa
lingua inglesa Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie12.190 km² Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoMonte Tabwemasana (pt) Traducir (1.879 m) Editar o valor en Wikidata
Punto máis baixoOcéano Pacífico (0 m) Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación30 de xullo de 1980 Editar o valor en Wikidata
Evento clave
30 de xullo de 1980Vanuatu's independance (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Organización política
 Presidente Editar o valor en WikidataNikenike Vurobaravu (pt) Traducir (2022–) Editar o valor en Wikidata
 Primeiro ministro Editar o valor en WikidataBob Loughman (pt) Traducir (2020–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoParliament of Vanuatu (en) Traducir , (Escano: 52) Editar o valor en Wikidata
Membro de
PIB nominal971.636.098 $ (2021) Editar o valor en Wikidata
MoedaVatu Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.vu Editar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico+678 Editar o valor en Wikidata
Teléfono de emerxencia112, 11 (en) Traducir e 113 Editar o valor en Wikidata
Código de paísVU Editar o valor en Wikidata

Páxina webgov.vu Editar o valor en Wikidata
BNE: XX4908152
Pechar

Vanuatu foi habitado por primeira vez por melanesios. Os primeiros europeos en visitar as illas foron unha expedición española dirixida polo navegante portugués Fernandes de Queirós, que chegou á illa máis grande, Espírito Santo, en 1606. Queirós reclamou o arquipélago para España, como parte da colonia das Indias Orientais Españolas, e chamouna La Austrialia del Espíritu Santo.

Na década de 1880, Francia e o Reino Unido reclamaron partes do arquipélago, e en 1906, acordaron un marco para xestionar conxuntamente o arquipélago como o Novas Hébridas a través dun condominio anglo-francés.

Na década de 1970 xurdiu un movemento de independencia e a República de Vanuatu fundouse en 1980. Desde a independencia, o país converteuse en membro das Nacións Unidas, da Commonwealth of Nations, da Organisation internationale de la Francophonie e o Foro das Illas do Pacífico.

Etimoloxía

O nome de Vanuatu deriva da palabra vanua ("terra" ou "fogar"),[3] que aparece en varias linguas austronesias,[lower-alpha 1] combinado coa palabra tu, que significa "estar en pé" (de POc *tuqur).[4] Xuntos, as dúas palabras transmiten o status independente do país.[5]

Historia

Moitas das illas de Vanuatu foron habitadas hai miles de anos, as máis antigas probas indican que foi no ano 2000 a.C. En 1606, o explorador hispano-portugués Pedro Fernández de Quirós converteuse no primeiro europeo en chegar ás illas, quen crendo que chegara á Terra Australis bautizou o arquipélago co nome de Terra Australia do Espírito Santo. Os europeos comezarían a asentarse nas illas a finais do século XVIII, primeiro coas exploracións do Conde de Bougainville que redescubriu a illa co nome de Grandes Cícladas en 1768 e despois que o explorador británico James Cook visitou as illas na súa segunda viaxe en 1774 chamándoas como Novas Hébridas.

En 1887, as Novas Hébridas comezan a ser administradas por unha comisión naval franco-británica. En 1906, establécese un Condominio Franco-Británico.

Durante a segunda guerra mundial, os Estados Unidos utilizaron as illas Efaté e Espírito Santo como bases militares, o cal inxectou divisas ao país e sobre todo novas formas de pensar, feito que abriu a Vanuatu o camiño á súa independencia. En 1957 estableceuse un Consello Asesor. Na década de 1960, os aborixes nin-Vanuatu reclamaban o autogoberno e a posterior independencia; en 1974 os nacionalistas gañaron a elección do Parlamento que abolía ao Consello Asesor e en 1978 creouse un gabinete encargado por un Ministro Xefe.

En 1979 promulgouse a Constitución que estableceu parlamentos rexionais nas illas de Espírito Santo e Tanna. Ao ano seguinte, Jimmy Stevens, líder da agrupación Na-Griamel, organizou unha revolta en Espírito Santo e proclamou o Estado Independente de Vemarana. Logo Vanuatu obtivo a independencia plena o 30 de xullo de 1980 con Walter Lini como Primeiro Ministro; a pedido deste, tropas de Papúa Nova Guinea, Australia e Nova Zelandia restauran a orde en Espírito Santo. En 1981 ingresa na ONU e en 1983 ao Movemento de Países Non Aliñados.

En febreiro de 1984, o presidente George Sokomanu renunciou logo de declararse culpable de atrasar o pago dos impostos, pero resultou reelixido ao mes seguinte. En 1985 a Unión de Partidos Moderados acusou ao goberno de restrinxir os dereitos humanos e os dereitos de organización. En febreiro de 1987 un ciclón destruíu Port Vila, a capital, e causou aproximadamente 50 mortos. En decembro de 1988, no medio dunha crise política provocada por rivalidades entre o primeiro ministro Lini e Barak Sope, secretario xeral do Vanuakku Pati, o presidente Sokomanu disolveu o Parlamento e nomeou a Sope como primeiro ministro interino, pero ambos foron arrestados polas forzas leais a Lini; ao ano seguinte foi elixido como presidente Fred Timakata.

En 1991, unha moción parlamentaria desposuíu a Lini do seu cargo e Donald Kalpokas do Vanuakku Pati, foi elixido primeiro ministro o 6 de setembro, porén, foi substituído por Maxime Carlot Korman o 16 de decembro. En 1996, o grupo paramilitar Vanuatu Mobile Force intentou depor o goberno e nese mesmo ano, o gabinete de Carlot cometeu unha fraude bancaria. En novembro de 1997, o presidente Jean Marie Leye disolveu o Parlamento. Nos últimos anos o país estivo baixo escándalos de corrupción que frearon á economía.

Goberno e política

O Parlamento de Vanuatu é unicameral e ten 52 membros que son elixidos cada catro anos por voto popular. O líder do principal partido no parlamento é usualmente elixido Primeiro Ministro, e encabeza o goberno. Desde 2023 ocupa o cargo Charlot Salwai.[6] O xefe de Estado, o Presidente, é elixido cada cinco anos polo parlamento e os presidentes dos seis gobernos provinciais. Forman unha coalición, con todo, houbo problemas algunhas veces, especialmente coa competición entre Reino Unido e Francia en tratar de simpatizar aos seus líderes cos seus intereses.

Organización político-administrativa

Desde 1968 ata 1985, Vanuatu estivo dividido en catro áreas:

Thumb
Provincias de Vanuatu

Desde 1985 ata 1994, estivo dividido en once áreas:

Desde 1994 Vanuatu ten seis provincias:

Máis información Provincia, Capital ...
ProvinciaCapitalIllas principaisArea
(km²)
Poboación
Censo 1999
MalampaLakatoroAmbrym, Malakula, Paama2,77932,705
PenamaLonganaIlla Pentecoste, Ambae, Maewo1,19826,646
SanmaLuganvilleSanto, Malo4,24836,084
ShefaPort VilaEfaté, Illas Shepherd1,45554,439
TafeaIsangelTanna, Aniwa, Futuna, Erromango, Anatom1,62829,047
TorbaSolaBanks e Illas Torres8827,757
VanuatuPort Vila 12,189186,678
Pechar

Xeografía

Thumb
Vanuatu

Vanuatu consiste de 83 illas, das cales dúas -Matthew e Hunter- son tamén reclamados polo departamento francés de ultramar de Nova Caledonia. Moitas das illas son montañosas e de orixe volcánica, e teñen un clima tropical ou subtropical. A maior cidade do país é a capital, Port Vila, situado na illa de Efaté, e Luganville, en Espírito Santo. A máxima elevación do país é o Tabwemasana a 1.877 m de altura.

Vanuatu é famosa por unha ecorrexión terrestre, chamado as selvas de Vanuatu. É parte da ecozona de Australasia, que tamén inclúe as veciñas Nova Caledonia e as Illas Salomón, así tamén Australia, Papúa Nova Guinea e Nova Zelandia.

Economía

A economía está baseada principalmente na agricultura de subsistencia ou a pequena escala, que prové ao 65% da poboación. A pesca, servizos financeiros de banca estranxeira, o rexistro de naves de mariña mercante, a venda de licenzas internacionais de pesca (Vanuatu é membro de varios comités rexionais de pesca) e o turismo (con 50.000 visitantes en 1997), as licenzas bancarias off-shore e a formación de compañías internacionais son outras fontes de economía. En Porto Vila atópase o Banco da Reserva e o Rexistro da Propiedade. Non hai depósitos de mineralé e o país non posúe depósitos de petróleo. Un pequeno sector industrial abastece ao mercado local. Os impostos veñen principalmente das importacións de produtos e do IVE (VAT), posto que Vanuatu non posúe imposto á renda nin ás persoas, sendo considerado un de tantos paraísos fiscais.

O desenvolvemento económico depende relativamente das exportacións, a vulnerabilidade aos desastres naturais e as longas distancias entre os principais mercados e as illas. Un gran terremoto en novembro de 1999, seguido por un tsunami, causou moitos danos na illa norteña de Pentecoste, deixando a miles de persoas sen fogar. Outro poderoso terremoto en xaneiro de 2002 causou danos á capital Port Vila, e áreas adxacentes, seguido por un tsunami.

O produto interior bruto creceu a menos do 3 % nos anos 1990. En vista disto o goberno prometeu suavizar as regulacións no seu centro financeiro de banca estranxeira. Australia e Nova Zelandia son os principais suplidores da axuda externa de Vanuatu.

A unidade monetaria de Vanuatu é o Vatu. No ano 2000 137,64 vatus equivalían a 1 dólar estadounidense. No ano 2007 (marzo) 107 vatus equivalían a 1 dólar estadounidense.

Demografía

Thumb
Evolución da poboación de Vanuatu entre 1961 e 2003. Datos da FAO, 2005. En miles de habitantes

A maioría dos habitantes de Vanuatu (95%) son nativos melanesios, ou nin-Vanuatu, o resto da poboación é de orixe europea, asiático e doutras illas do Pacífico. Existen tres idiomas oficiais: inglés, francés e bislama (un idioma crioulo que evolucionou do inglés). Ademais, ao redor de cen linguas locais son faladas nas illas.

O Cristianismo, dividido en varias denominacións, é a relixión predominante en Vanuatu. A Igrexa Presbiteriana,que abarca unha terceira parte da poboación, é o maior delas.

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.