Tafea
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Tafea é a provincia máis meridional de Vanuatu. Inclúe as illas de Erromango, Tanna, Anatom e dúas illas máis non habitadas. Ten unha poboación de 27.530 habitantes e unha superficie de 1.628 km². A súa capital é Isangel. O nome é un acrónimo das cinco illas principais que compoñen a provincia: Tanna, Aneityum, Futuna, Erromango e Aniwa.
Illa | Vila principal | Superficie (km²) | Poboación[1] | pico | altitude (metros) | Coordenadas |
---|---|---|---|---|---|---|
Tanna | Lenakel | 565 | 28,799 | Monte Tukosmera | 1.084 | |
Aniwa | Ikaokao | 8 | 341 | . | 42 | |
Futuna | Mohoun'gha | 11 | 535 | Tatafou | 666 | |
Erromango[note 1] | Potnarvin | 975 | 1.950 | Monte Santop | 886 | |
Anatom[note 2] | Anelgauhat | 162 | 915 | Monte Inrerow Atahein | 852 | |
Tafea | Isangel | 1.721 | 32.549 | Monte Tukosmera | 1,084 |
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Vanuatu | ||||
Capital | Isangel | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 32.540 (2009) (19,99 hab./km²) | ||||
Lingua usada | North Tanna (en) Erromanga (en) Aneityum (en) Lingua tanna do suroeste Língua futuna-aniwa (pt) Whitesands (en) Lenakel (en) Kwamera (en) Ura (en) Utaha (en) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 1.628 km² | ||||
Creación | 1994 | ||||
ISO 3166-2 | VU-TAE | ||||
1) Incluíndo Goat Island (a illa da cabra) (5´6 km ao nordeste, con 0´1 km² de superficie) e a illa Vete Manung (15 km ao nordeste)
2) Incluíndo a illa Inyeug (0´6 km ao suroeste, aeroporto de Anatom), pero sen as remotas Illas Matthew e Hunter, que son considerados pola xente Anatom parte da illa é da súa propiedade persoal.
A provincia ten unha poboación de 27.530 persoas e unha superficie de 1.628 km². A illa principal, aínda que segunda en superficie tras Erromango, é Tanna, cun 80 por cento da poboación da provincia, e a sede da capital da provincia Isangel, e da maior cidade Lenakel, ambas próximas entre si na costa suroeste.
As tres illas máis grandes son Melanesias, pero as dúas máis pequenas, Aniwa e Futuna, tamén coñecidas baixo o termo colectivo de Illas Erronan, son Illas polinesias periféricas. Futuna é ás veces chamada West Futuna, para distinguila da illa de Futuna de Wallis e Futuna.
A illa de Tanna ten o volcán máis accesible do mundo, o Monte Yasur, con 1.084 metros, o pico máis alto da provincia. A illa Aniwa é a única illa de coral, as outras catro son volcánicas e alcanzan alturas moi superiores a Aniwa.
Anatom é a illa máis meridional de Vanuatu (sen contar as remotas, pequenas e deshabitadas Illas Matthew e Hunter, 280 a 335 quilómetros ao sueste, que se disputan con Nova Caledonia, pero as cales son consideradas polo pobo da illa de Anatom parte da súa propiedade persoal). No sueste está o cabo Nétchan Néganneaing o punto máis meridional da terra en Vanuatu, máis ao sur que o sur do illote Inyeug. Este último, con todo, está rodeado polo Intao Reef, que estendese ata máis ao sur, aínda que mergullado, sendo o punto máis meridional de Vanuatu.
A diferenza das outras provincias de Vanuatu, a integridade territorial desta unidade administrativa non cambiou desde os tempos do Condominio, cando se chamaba Distrito Sur, ou Tanna como a illa principal. Unicamente a Capital moveuse de Lenakel á próxima Isangel, a menos de dous quilómetros ao sueste.
Un movemento separatista comezou na década de 1970, e a Nación de Tanna foi proclamada o 24 de marzo de 1974. Mentres que os Británicos foron máis abertos a súa independencia de Vanuatu, esta foi rexeitada polos colonos franceses e finalmente suprimida polas autoridades do Condominio Anglo-Francés o 29 de xuño de 1974.
En 1980, houbo outro intento de secesión, declarando a Nación Tafea o 1 de xaneiro de 1980, o seu nome vén das iniciais das cinco illas que ían formar parte da nación (Tanna, Aniwa, Futuna, Erromango e Aneityum). As forzas británicas interviñeron o 26 de maio de 1980 permitindo que as illas convertéranse en parte da nova nación independente de Vanuatu o 30 de xullo de 1980.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.