Madonna
cantante, compositora e produtora estadounidense / From Wikipedia, the free encyclopedia
Madonna Louise Ciccone, nada en Bay City (Míchigan) o 16 de agosto de 1958, é unha cantante, compositora e produtora estadounidense, máis coñecida como Madonna. De ascendencia italiana e francocanadense, o seu estilo musical abrangue a música disco, pop, dance e electrónica. Traballou de maneira máis intermitente como actriz, deseñadora de moda, escritora e directora de cinema. No 2000, o Libro Guinness das marcas publicou que Madonna é a artista feminina máis exitosa de todos os tempos, estimando que as vendas superan os 400 millóns de álbums e sinxelos vendidos en todo o mundo.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2015.) |
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
- Este artigo trata sobre a cantante, para a representación artística da Virxe María, véxase Madonna (arte).
Denominada como Queen of Pop (Raíña do Pop), a cantante é unha icona popular internacional das últimas tres décadas. É unha estrela de rock coñecida por reinventar a súa imaxe, pola ambición, innovación e provocación nos seus vídeos musicais e espectáculos, e tamén polas súas polémicas persoais e polo uso de símbolos políticos, relixiosos e sexuais ao longo da súa carreira. Desde os seus inicios en 1983, co lanzamento do seu primeiro álbum Madonna e até o seu último disco Hard Candy, adquiriu e mantén un asombroso éxito e fama mundial, que atravesou distintas xeracións.
A traxectoria de Madonna é un exemplo do triunfo «self made», típico da cultura norteamericana, cos seus éxitos, fracasos e reaparicións. Dunha contorna un tanto gris e conservador, Madonna escapou a Nova York a finais dos anos 70 para dedicarse á música. Logrou múltiples recoñecementos, incluídos 7 premios Grammy dun total de 27 nomeamentos. O seu afán de superación como artista conduciulle a papeis protagonistas en películas como Evita, pola cal gañou o Globo de Ouro á mellor actriz. Pero Madonna tamén coñeceu momentos difíciles: a súa carreira no cinema foi desigual, e sufriu duras críticas, descenso comercial e dificultades persoais, que superou con renovados bríos.
É unha muller de negocios ben coñecida pola súa sagacidade comercial e a súa visión de futuro. O 16 de outubro de 2007 , Madonna e a compañía produtora e promotora de concertos Live Nation anunciaron un acordo que supuña o final para a longa colaboración entre ela e Warner Bros.. A nova empresa promotora de concertos participará nos discos, xiras, merchandising, películas e outros proxectos musicais da cantante. Baixo os termos do acordo proposto, Madonna, de 50 anos, recibirá un cheque duns 18 millóns de dólares ao momento da firma, e un adianto duns 17 millóns por cada un do tres discos compactos que grave. Unha porción da compensación sería en accións. Este acordo representa para Madonna uns 120 millóns de dólares para os seguintes 10 anos.