From Wikipedia, the free encyclopedia
O orgasmo é o clímax do pracer sexual.
Antes do orgasmo, sobe a concentración do sangue nos xenitais até un máximo, e durante o clímax danse contraccións dos músculos desta zona do corpo, intre no que se descarga a tensión sexual. Despois ten lugar unha relaxación da rexión xenital e, en moitos casos, de todo o corpo. No caso do home, polo xeral, a exaculación acontece canda o orgasmo.
Á parte das reaccións corporais, o orgasmo faise notar por unha sensación de delirio que case sempre é sentida como pracenteira. Algunhas culturas dividen os orgasmos en niveis que chegan até un estado de éxtase que perdura por un longo lapso de tempo e pode ser acadado por certas prácticas sexuais e prácticas de meditación.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.