Remove ads
un home ao que atraen outros homes From Wikipedia, the free encyclopedia
Para o artigo sobre o lugar, véxase Gai, Vilaxuste, Portomarín
Un gai[1][2] ou gay[3][4] (do inglés gay, esta do francés gai e esta do latín gaudio) é un home homosexual que mantén unha certa actitude e un certo estilo de vida que implican a reivindicación e a afirmación da súa orientación sexual en pé de igualdade coas demais. Porén, na linguaxe coloquial emprégase con frecuencia como sinónimo de homosexual, do mesmo modo que na tradición anglosaxoa abrangue tanto homes como mulleres[5].
O termo inglés gay, que nos países anglosaxóns se emprega como sinónimo de homosexual (home ou muller), ten a súa orixe na palabra gai, utilizada no século XIII para referirse á persoa que practicaba o culto ó amor cortés homosexual. O amante ou compañeiro era coñecido como gaiol. Nos séculos posteriores o termo gay pasou a ser sinónimo de prostituta, logo empregouse para sinalar a calquera persoa socialmente indesexable, e finalmente a cultura británica adoptouno para denominar pexorativamente ós homosexuais[6].
Nos Estados Unidos a primeira vez que se utilizou publicamente a palabra gay como sinónimo de homosexual foi na película Domando a fera, dirixida por Howard Hawks en 1938, e na que participación Katharine Hepburn e Cary Grant. O termo gay (substantivo ou adxectivo) foi adoptado pola comunidade homosexual de San Francisco para autoidentificarse dunha forma positiva e reivindicativa.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.