From Wikipedia, the free encyclopedia
A lingua khmer[3] (en khmer: ភាសាខ្មែរ, Phéasa Khmêr) ou lingua camboxana[4] é a lingua do pobo khmer e a lingua oficial de Camboxa. Con preto de 16 millóns de falantes, é a segunda lingua austroasiática máis falada (despois do vietnamita). O khmer está considerablemente influído polo sánscrito e o pali, especialmente nos rexistros lingüísticos reais e relixiosos, a través do hinduísmo e o budismo. É tamén a máis antiga lingua escrita da súa familia.[5] Á súa vez, a lingua khmer influíu e viuse influída polo tailandés, o lao, o vietnamita, o chinés e o cham, debido fundamentalmente á proximidade xeográfica e a un contacto cultural continuado, orixinando un sprachbund no sueste asiático peninsular.[6]
Khmer ភាសាខ្មែរ | ||
---|---|---|
Pronuncia: | [pʰiːəsaː kʰmaːe] | |
Falado en: | Camboxa Vietnam Tailandia | |
Total de falantes: | 16 millóns (2007)[1] | |
Familia: | Austroasiático Khmer | |
Escrita: | Alfabeto khmer (alfasilabario) Braille khmer | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | Camboxa | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | km | |
ISO 639-2: | khm | |
Mapa | ||
Status | ||
A lingua khmer é escrita cun alfasilabario coñecido como អក្សរខ្មែរ, "alfabeto khmer". O khmer difire de linguas veciñas como o tailandés, o birmano, o lao e o vietnamita en que non é unha lingua tonal.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.