From Wikipedia, the free encyclopedia
O bosníaco[2][3] (en alfabeto latino: bosanski, en alfabeto cirílico: босански) ou bosnio[4] é unha variante do antes chamado serbocroata. Baséase na variante occidental do dialecto štokavian e usa tanto o alfabeto latino como o alfabeto cirílico. Actualmente considérase unha lingua diferenciada do serbio, do montenegrino e do croata, formando un continuo dialectal. Fálano gran parte dos habitantes de Bosnia e Hercegovina. Tras a independencia do país decidiuse substituír o serbocroata como lingua oficial, cambiándoo polo serbio, o croata e o bosníaco, que son tres variedades do mencionado serbocroata.
Bosníaco bosanski | ||
---|---|---|
Pronuncia: | [bǒsanskiː] | |
Falado en: | Bosnia e Hercegovina Serbia Montenegro Croacia Albania | |
Rexións: | Balcáns | |
Total de falantes: | 2 500 000 | |
Posición: | Fóra das 100 primeiras | |
Familia: | Indoeuropea Eslava Eslava meridional Bosníaco | |
Escrita: | Latino e cirílico | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | Bosnia e Hercegovina Serbia Montenegro | |
Regulado por: | Non está regulado | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | bs | |
ISO 639-2: | bos | |
ISO 639-3: | bos
| |
Mapa | ||
Status | ||
O nome da lingua é controvertido. Os croatas e serbios de Bosnia e Hercegovina chámano croata e serbio respectivamente. A Constitución da República Srpska, onde este idioma é tamén lingua oficial, refírese ao idioma como "Lingua falada polos bosníacos" ("Jezik kojim govore Bošnjaci"), do mesmo xeito que o fai o goberno de Serbia. O nome de lingua bosníaca é o máis comunmente aceptado entre os lingüistas bosníacos, ademais de ser usado no estándar ISO 639.
O Tratado de Dayton, recoñece ao bosníaco como unha lingua diferenciada falada en Bosnia e Hercegovina polos bosníacos e figura como tal na constitución dese país.
A moderna lingua bosníaca usa o alfabeto latino, aínda que os escritos máis antigos utilizaban un tipo de cirílico bosníaco denominado bosančica dende o séculos X ou XI. O documento máis antigo das linguas Bosníaca, Croata e Serbia é a táboa Humac, que está escrita nesta tipografía. A carta bosníaca foi escrita en cirílico en 1189 polo dirixente bosníaco Kulin Ban. O 3 de xullo de 1436 na rexión de Kotor, un duque mercou unha moza dicindo: Muller bosníaca, herética e de lingua bosníaca chamada Djevena. O primeiro dicionario bosníaco data de 1631.
A súa base fundamental é a variante occidental do dialecto štokavo.
A pesar de que os bosníacos falaban unha lingua moito máis homoxénea que os croatas ou os serbios, o idioma bosníaco non logrou estandarizarse no século XIX.
O vogalismo da lingua bosníaca baséase en cinco vogais.
Escritura latina | Escritura Cirílica | IPA |
---|---|---|
i | и | [i] |
e | е | [ɛ] |
a | а | [a] |
o | о | [ɔ] |
u | у | [ou] |
A letra "R" pode representar tanto unha vogal como unha consoante. É considerada unha vogal cando está rodeada por dúas consoantes, como en brzo (rápido).
O sistema consonántico do bosníaco ten como características unhas series de consoantes africadas e palatais, non presentando aspiración. Nos bloques de consoantes denominados "clústers" (que son grupos de consoantes sen vogais), todas son sonoras ou xordas. A regra non se aplica ás aproximantes, que poden ser sonoras ou xordas ou para palabras estranxeiras, como Washington (VašinGton/ВашинГтон), nomes propios ou cando as consoantes non forman parte dunha mesma sílaba. As R poden ser silábica, realizando unha función de vogal en certas palabras e mesmo ser acentuada, como en serbio, croata, macedonio, esloveno, checo e eslovaco.Raramente pode ser silábica, por exemplo, no nome do río "Vltava", a 'l' é silábica, igual que os grupos lj, m, n e nj en xerga.
Grafía latina | Grafía cirílica | IPA | |||
---|---|---|---|---|---|
vibrantes | |||||
r | р | [r] | |||
aproximantes | |||||
v | в | [ʋ] | |||
j | ј | [j] | |||
laterais | |||||
l | л | [l] | |||
lj | љ | [ʎ] | |||
nasais | |||||
m | м | [m] | |||
n | н | [n] | |||
nj | њ | [ɲ] | |||
fricativas | |||||
f | ф | [f] | |||
s | с | [s] | |||
z | з | [z] | |||
š | ш | [ʃ] | |||
ž | ж | [ʒ] | |||
h | х | [x] | |||
africadas | |||||
c | ц | [ʦ] | |||
dž | џ | [ʤ] | |||
č | ч | [ʧ] | |||
đ | ђ | [ɟj] | |||
ć | ћ | [cç] | |||
explosivas | |||||
b | б | [b] | |||
p | п | [p] | |||
d | д | [d] | |||
t | т | [t] | |||
g | г | [g] | |||
k | к | [k] | |||
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.