A tempada 2010/11 da Liga de Campións foi a 56ª edición da máxima competición continental de fútbol en Europa, a Liga de Campións, organizada pola UEFA.
A Primeira Fase, consistente en 8 grupos de 4 equipos, comezou o 14 de setembro e rematou o 8 de decembro do 2010. Os 2 mellores equipos de cada grupo pasaron á Segunda Fase, consistente en Oitavos de Final, Cuartos de Final, Semifinais e Final. A Segunda Fase comezou o 15 de febreiro, e rematou o 28 de maio do 2011 coa final, que nesta edición tivo lugar no Wembley Stadium de Londres, entre o Manchester United e o FC Barcelona.
Na fase de Play Offs, os equipos xogan entre si dous partidos a ida e volta, menos na final que é a un partido en campo neutral. Este ano será no Wembley Stadium de Londres.
Oitavos de final
O sorteo de oitavos de final fíxose o 17 de decembro do 2010 na sede da UEFA en Nyon, Suíza. Os partidos de ida dos oitavos de final xogáronse os días 15, 16, 22 e 23 de febreiro, e os partidos de volta os 8, 9, 15 e 16 de marzo do 2011.
Cuartos de final
O sorteo de cuartos de final fíxose o 18 de marzo do 2011 na sede da UEFA en Nyon, Suíza. Os partidos de ida dos cuartos de final xogáronse os días 5 e 6 de abril, e os partidos de volta os días 12 e 13 de abril do 2011. Neste sorteo xa quedaron determinados os futuros enfrontamentos de semifinais.
Na tempada 2010-11 a final da Liga de Campións disputouse o 28 de maio de 2011 no novo Estadio de Wembley, en Londres, diante de 87.695 persoas. Era a 1ª vez que este novo recinto acollía este evento.
Do mesmo xeito que na final de 2009 o encontro comezou cun lixeiro dominio do equipo inglés, que desapareceu ó cabo duns 10 minutos. A partir de entón o encontro foi de cor blaugrana. Na primeira metade a posesión do balón foi dun 67% a prol do FC Barcelona, que tivo 8 ocasións de marcar por 2 do Manchester United. No minuto 27 chegou o primeiro gol para o FC Barcelona, obra de Pedro. O Manchester United foi quen de iguala-lo marcador no minuto 34, nunha xogada na que Wayne Rooney marcou nunha xogada illada. Así rematou a primeira metade.
Na segunda metade continuou o dominio do conxunto catalán. Lionel Messi puxo de novo ó seu equipo por diante no minuto 54 cun disparo dende fóra da área que colleu por sorpresa a Edwin van der Sar. O 3-1 chegou no minuto 69, obra de David Villa, que rematou co interior do pé un balón que entrou polo escuadro da portería inglesa. Aínda puideron marcarse máis goles, pero o encontro rematou con este resultado, e o FC Barcelona celebrou a vitoria.
A posesión do balón foi dun 63% para o Barcelona e un 37% para o Manchester. O FC Barcelona fixo 12 lanzamentos á portería de Edwin van der Sar e 7 fora, e o Manchester United fixo só 1 disparo á portería de Víctor Valdés e 3 fora.[1]