As Palmas de Gran Canaria

municipio canario From Wikipedia, the free encyclopedia

As Palmas de Gran Canariamap

As Palmas de Gran Canaria[1][2] (en castelán: Las Palmas de Gran Canaria) é unha cidade española e concello, situado na costa nordeste da illa de Gran Canaria, capital da provincia das Palmas, unha das cidades co-capitais da comunidade autónoma das Canarias (xunto con Santa Cruz de Tenerife) e o principal centro urbano do arquipélago das Canarias, cunha área de 100,55 km² e unha poboación de 383.308 habitantes (2010).

Datos rápidos Localización, Capital de ...
Modelo:Xeografía políticaAs Palmas de Gran Canaria
Las Palmas de Gran Canaria (es) Editar o valor en Wikidata
Thumb
Thumb
Thumb

Localización
Thumb
 28°07′38″N 15°25′53″O
EstadoEspaña
Comunidade autónomaIllas Canarias
ProvinciaLas Palmas Editar o valor en Wikidata
Capital de
CapitalLas Palmas de Gran Canaria (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación378.027 (2023) Editar o valor en Wikidata (3.759,59 hab./km²)
Xeografía
Superficie100,55 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porOcéano Atlántico Editar o valor en Wikidata
Altitude8 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Creación1833 Editar o valor en Wikidata
Día festivo
Santo padrónCristo de la Vera Cruz (Las Palmas de Gran Canaria) (en) Traducir e Santa Ana Editar o valor en Wikidata
Organización política
 Alcaldesa das Palmas Editar o valor en WikidataCarolina Darias (2023–) Editar o valor en Wikidata
Orzamento384.961.600,72 € Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal35001–35020 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico928 Editar o valor en Wikidata
Código INE35016 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina weblaspalmasgc.es Editar o valor en Wikidata
Pechar
Thumb
Vista do Auditorio Alfredo Kraus na praia de Las Canteras

Xeneralidades

A cidade foi fundada o 24 de xuño de 1478 co nome de Santa María del Real de Las Palmas, por Juan Rejón, xefe das tropas invasoras castelás, que se enfrontarían aos guanches (poboación indíxena das illas Canarias). En 1492, Cristovo Colón ancorou no porto de Las Palmas, na súa primeira expedición a América.

Las Palmas é hoxe unha cidade cosmopolita. Ten tres praias (Las Canteras, Las Alcaravaneras e San Cristóbal) e un gran porto (Puerto de la Luz) - importante durante o período 1970-1990 (no que se beneficiou avantaxadamente do pechamento do Canal de Suez, como consecuencia da guerra árabe-israelí de 1973). Debido á súa situación como nexo de tres continentes, e á súa relevancia como punto turístico, innúmeros traballadores estranxeiros emigraron e se asentaron na cidade. Mercadores e viaxeiros procedentes de África, China, Europa occidental, Rusia e Oriente Medio pululan mesturados polas rúas da cidade e os centros comerciais da urbe. As comunidades coreana e india son as maiores da cidade, aínda que a maioría dos individuos adquiriron a nacionalidade española co paso dos anos.

Segundo un estudo efectuado por Thomas Whitmore, director de investigacións climatolóxicas da Universidade de Syracuse (USA), a cidade de Las Palmas de Gran Canaria goza do mellor clima do mundo.

A principal festa (Festas de San Xoán), o 24 de xuño, conmemora ao tempo a data da fundación da cidade.

O Entroido das Palmas de Gran Canaria é amplamente coñecido non só en España, senón no resto do mundo, é constitúe unha das máximas atraccións turísticas.

Lugares de interese

  • A catedral, comezada a inicios do século XVI e rematada no XIX. É a sede do bispado das illas Canarias.
  • A Casa Colón, antigo pazo dos primeiros gobernadores da illa, onde se hospedou Cristovo Colón; na actualidade acolle un museo dedicado ás expedicións para o novo mundo.
  • O Museo Canario, conserva importantes vestixios da época dos guanches.
  • O Paseo de las Canteras, avenida que se estende ao longo da fermosa praia urbanas Las Canteras.
  • O Centro Atlántico de Arte Moderno.
  • A fortificación do Castillo de la Luz, construída no século XVI, para protexer a cidade dos ataques dos piratas. Emprégase hoxe para albergar exposicións temporais.

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.