Móstoles
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Móstoles é un concello español da Comunidade de Madrid. A súa poboación é de 206.031 habitantes (INE 2012). É o segundo concello da Comunidade con maior número de habitantes despois da capital e o terceiro da zona central de España (Castela e León, Comunidade de Madrid e Castela-A Mancha) despois de Madrid e Valladolid. Recentemente adoptou a Lei de grandes cidades. Nel se encontra o campus tecnolóxico, a sede central da Universidade Rei Xoán Carlos e a sede central das BESCAM (Brigadas Especiais da Comunidade de Madrid). É ademais unha das cidades máis limpas de España, premiada coa "vasoira de prata".
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2019.) |
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Comunidade de Madrid | ||||
Capital | Móstoles | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 211.265 (2023) (4.657,52 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 45,36 km² | ||||
Bañado por | Río Guadarrama | ||||
Altitude | 620 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcaldesa | Noelia Posse Gómez (2018–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 28930–28939 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | (+34) 916 e (+34) 91 | ||||
Código INE | 28092 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | mostoles.es | ||||
A bandeira inclúe as seguintes cores: dende unha perspectiva actual, aparece o vermello, que simboliza a pertenza á Comunidade de Madrid; o azul Prusia, símbolo de identidade dos mostoleños e de pertenza á Unión Europea; e o amarelo-gualda (ouro), que expresa a prosperidade, como anhelo dos veciños procedentes de diversas rexións españolas que estableceron a súa residencia na cidade na década dos setenta do pasado século.
Distrito | Habitantes |
---|---|
Centro | 52.000 |
Norte-Universidade | 60.000 |
Sur-Leste | 54.000 |
Oeste | 40.000 |
Coimbra-Guadarrama | 10.000 |
TOTAL | 216.000 |
Atópase a 18 quilómetros ó sueste de Madrid, forma parte da área metropolitana da capital. É a capital da Zona Sur da comarca Área Metropolitana de Madrid, a cal se divide en 5 zonas. A zona Sur da comarca comprende á parte da Móstoles como capital a: Álcorcón, Aranjuez, Ciempozuelos, Fuenlabrada, Xetafe, Humanes de Madrid, Leganés, Parla, Pinto, San Martiño de la Vega e Valdemoro. Tamén é capital do Sur de Madrid, que comprende a zona Sur do Área Metropolitana e as comarcas Conca do Alberche, Conca do Teixo e Sur.(esta última capitalidade non oficial disputada con Xetafe).
As súas coordenadas xeográficas son 40º 20' latitude norte, 3º 52' lonxitude oeste.
Limita ó norte e oeste co de Villaviciosa de Odón, ó nordeste co de Alcorcón, ó leste co de Fuenlabrada, ó sur cos de Arroyomolinos e Moraleja de Enmedio e ó sueste co de Navalcarnero.
Metro (liña 12 ou Metrosur), con cinco estacións:
Tren de proximidades C-5 (Móstoles-Atocha-Fuenlabrada/Humanes), con dúas estacións:
Ofrécense liñas urbanas, interurbanas, nocturnas e de longo percorrido a localidades de Toledo: Talavera de la Reina, Mérida, Cáceres, Badaxoz; Barcelona e Zaragoza.
Está situado a uns 32-35 quilómetros do aeroporto internacional de Madrid-Barajas.
A localidade goza dun clima mediterráneo, sendo as súas temperaturas medias máximas 38º en verán e 14º en inverno, e as súas mínimas 15º en verán e 2º en inverno. A precipitación anual media é de aproximadamente 420 milímetros, as épocas máis chuviñosas son a primavera e o outono.
As zonas onde hai máis ambiente nocturno están situadas en Princesa, zona do Hospital e en menor medida a zona denominada Estoril.
Limítrofe a Móstoles áchase o centro comercial e o maior parque de neve artificial de Europa Madrid Xanadú, aínda que pertence á localidade de Arroyomolinos.
O Centro Comercial Aberto Las Avenidas é un conxunto de rúas comerciais que se encontra no centro histórico.
A nivel deportivo podemos atopar os campos de fútbol Iker Casillas, os polideportivos de Andrés Torrejón, Los Rosales ou o de Villafontana e a piscina cuberta Las Cumbres, onde se encontra un centro de spa. Móstoles ten un equipo de fútbol sala, PSG FS Móstoles, un equipo feminino de fútbol sala e un equipo de atletismo..
A festa principal é o 12 de setembro, día da Vrxe dos santos, patroa de Móstoles. As festas do 2 de maio celébranse como conmemoración do Dous de maio de 1808 (comezo da Guerra da Independencia tralo Bando dos alcaldes de Móstoles). Sendo asumida e festexada por toda a Comunidade de Madrid dende o ano 1985. A festa do 15 de Maio e a festa da auga ten a súa orixe na que se celebraba o 28 de xuño con motivo da traída da auga a Móstoles pola Canle de Isabel II, en 1980. Posteriormente se trasladou ó 15 de maio, a facendo coincidir coa festa de San Isidro en Madrid.
Tamén existen festas por barrios ou distritos.
É unha cidade que durante as tres últimas décadas foi cidade dormitorio de Madrid pero que actualmente se converteu en centro neurálxico económico e demográfico do sur de Madrid. Móstoles ten varios polígonos industriais: Arroyomolinos, La Fuensanta, Regordoño, Los Rosales, Las Nieves e Expansión. Tamén con zonas industriais dispersas: Las Pajarillas, Las Monjas e Móstoles Industrial. Actualmente en construción o polígono industrial de La Fuensanta II.
En case tódolos casos está formado por medianas e pequenas empresas e a actividade económica predominante é a electro-sidero-metalúrxica, pero tamén é importante a industria téxtil. Conta cunha delegación municipal de promoción económica e emprego, cuxo obxectivo é facilita-lo asentamento de industrias no concello.
Na actualidade están en construción dous rañaceos que se situarán no PAU-4 (Móstoles Sur ou Manuela Malasaña), estes terán entre 40 e 50 plantas e albergará oficinas, pretende incrementa-la superficie dispoñible no concello, ademais de se erixir como símbolos do novo Móstoles e a coroa metropolitana sur. Algo moi positivo para o concello é a recente posta en funcionamento da Universidade Rei Xoán Carlos, así como a implantación do Centro de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico de Repsol no futuro Móstoles Tecnolóxico.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.