From Wikipedia, the free encyclopedia
Labrus viridis, coñecido como merlón por algúns ictiólogos galegos,[2], e por algúns dicionaristas,[3] é un peixe osteíctio mariño da orde dos perciformes, suborde dos percoideos, superfamilia dos perocideos e familia dos lábridos,[4][5] unha das 4 especies integradas no xénero Labrus, segundo o WoRMS,[6] e a FishBase,[7] ou as 17, segundo o ITIS.[8]
Labrus viridis Merlón | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Labrus viridis | |||||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||
Vulnerable[1] | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||
Labrus viridis Linnaeus, 1758 | |||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||
|
A especide foi descrita en 1758 no Tomo I da súa obra Systema naturae per regna tria naturae: secundum classes, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis. Holmiae: Impensis Direct. Laurentii Salvii.
Para a do xénero, véxase Labrus.
O epíteto específico, viridis, fai referencia á cor máis común deste animal.
Ademais do nome que lle asignou Linneo, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:[5]
Labrus viridis é unha especie litoral que vive en torno aos arrecifes, entre as rochas ou nos leitos de algas, ou de plantas fanerógamas,[9] en fondos de 2 a 50 m.[2] Os exemplares xuvenís viven nas pradeiras de Posidonia sp. a unha profundidade de até os 50 m, onde nadan lenta e suavemente, con ondulacións da aleta dorsal, utilizando as aletas pectorais e ventrais como remos. Os exemplares máis grandes viven en fondos rochosos, sempre a máis de 15 m de profundidade. É un peixe predominatmente solitario.[10]
A súa área de dispersión esténdese desde os 47° e os 20°N até os 18° O e os 42° L, enontrándose no océano Atlántico oriental, desde Portugal até Marrocos, así como no mar Mediterráneo até o mar Negro.[9][11]
As principais características morfolóxicas de Labrus viridis son:[2][9][11][10]
O merlón adoita vivir só, ou en parella, pero ás veces pode formar pequenos cardumes. aliméntase de pequenos de animais bentónicos, principalmente anélidos, crustáceos, equinodermos e moluscos, que trituran coos dentes farínxeos, e tamén de pequenos peixes. Alacanzan a madurez sexual aos dous anos de idade. É hermafrodita proteroxínico (cando nacen todos os espécimes son femias) e, cambian de sexo coa idade. A reprodución ten lugar durante o inverno e a primavera. No momento da desova os machos dominan un pequeno territorio a onde acudirán as femias, e constrúen un niño con algas, onde as femias poñen os óvulos, que son custodiados, e fecundados polos mahos. Os machos defenden o niño até que os óvulos eclosionan en larvas peláxicas. Os ovos desenvólvense en 4 ou 5 días. Normalmente, os espécimes menores de 27 cm sempre son femias, e os maiores de 38 cm, machos. Estes peixes poden vivir vinte anos.[1][2][9][10]
A primeira cita desta especie en Galicia foi efectuada por Fernando de Buen en 1935, no seu traballo "Fauna ictiológica. Catálogo de los peces ibéricos de la planicie continental, aguas dulces, pelágicos y de los abistmos próximos. II parte". Not. y Res. Inst. Esp. Ocean. 82: 89-148.[12]
O Dicionario da RAG dá o nome de merlón á especie Labrus merula, co sinónimo de pinto. Porén, esta especie é o pinto, que é o nome máis empregado para denominar esta esta especie en galego, recollido por Ríos Panisse en 34 localidades, seguido de merlón en 9, budión en 6 e merlo en unha.[13]. Dado que hai varias especies que os mariñeiros galegos denominan merlón, e tendo en conta que segundo as normas internacionais para dar nomes vulgares de animais é escoller un mome autóctono distinto para distinguir as especies, seguramente Rodríguez Vllanueva e Vázque escolleron merlón para esta especie.
Segundo a Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN) este peixe é normalmente raro. Captúrase para a alimentación humana, incluíndo a pesca submarina e para o deporte, e a súa poboación total está en declive, especialmente no Mediterráneo occidental, sendo a pesca unha ameaza en todas as partes da súa área de dispersión, polo que o seu status cualificase como VU (vulanerábel).[1]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.