xénero literario e humorístico xaponés From Wikipedia, the free encyclopedia
O kokkeibon (xaponés: 滑稽本, lit. "libro cómico") foi un xénero literario e un tipo de novela do Xapón premoderno. Destaca pola súa representación dos comportamentos cómicos da xente común.
O kokkeibon descende dun xénero anterior, o dangibon.[1] Apareceu no século XIX, durante o remate do período Edo (1603-1868). A súa primeira obra representativa é Tōkaidōchū Hizakurige 東海道中膝栗毛 ("Viaxes entre Toquio e Kyoto", 1802-1822), de Jippensha Ikku (1765-1831).
O xénero alcanzou o seu auxe entre 1804 e 1830. Os seus autores máis destacados son Jippensha Ikku e mais Shikitei Sanba (1776-1822).[2] Deste último, destaca Ukiyoburo 浮世風呂 ("Os baños do mundo flotante", 1809-1813).
O kokkeibon adoita representar o humor propio da xente común, mediante diálogos entre as personaxes. Os libros inclúen ilustracións.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.