Ukiyoburo (xaponés: 浮世風呂, lit. "Os baños do mundo flotante") é unha novela de Shikitei Sanba, escrita entre 1809 e 1813. Trátase dunha das obras mestras do xénero humorístico kokkeibon. Conta con ilustración de Utagawa Kuninao e Kitao Shigemasa.
Ukiyoburo | |
---|---|
Autor/a | Shikitei Sanba |
Lingua | lingua xaponesa |
Xénero(s) | kokkeibon |
Data de pub. | 1813 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Contidos
Ukiyoburo describe o humor da vida e mais da cultura cotiás, a través das conversas dun grupo de clientes dun baño público. Shikitei decidiu ambientar a historia nun local deste tipo inspirado polo libro Kengu irigomi sentō shinwa (xaponés: 賢愚湊銭湯新話), de Santō Kyōden, e por unha peza de rakugo de Sanshōtei Karaku.
Estrutura
O texto componse de catro partes:
N.º | Título | Data de publicación |
---|---|---|
Parte 1 | O baño dos homes | 1809 |
Parte 2 | O baño das mulleres | 1810 |
Parte 3 | Omisións do baño das mulleres | 1812 |
Parte 4 | O baño dos homes continúa | 1813 |
Malia anunciar tres partes máis, estas nunca chegaron a escribirse.
Uso da linguaxe
Ukiyoburo destaca pola representación de características dialectais. Na segunda parte da obra, unha muller emprega o dialecto de Kansai, namentres outra fala no de Toquio. A primeira delas nota como a segunda di [kwa] no canto de [ka].[1]
Notas
Véxase tamén
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.