escritor xaponés From Wikipedia, the free encyclopedia
Shikitei Sanba (xaponés: 式亭三馬), pseudónimo de Kikuchi Hisanori (xaponés: 菊池久徳), nado en 1776 e finado o 27 de febreiro de 1822, foi un escritor e cómico xaponés do período Edo.[1]
Nome orixinal | (ja) 式亭三馬 |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1776 Asakusa, Xapón (pt) |
Morte | 27 de febreiro de 1822 (45/46 anos) Edo, Xapón |
Lugar de sepultura | Shōsen-ji (en) |
Actividade | |
Ocupación | escritor, artista de ukiyo-e, poeta, novelista, Jihon Sakka |
Período de actividade | 1794 - |
Obra | |
Obras destacables
| |
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Сикитэй Самба) |
Shikitei Sanba naceu en Asakusa, Edo (actual Toquio), en 1776. Procedía dunha longa liñaxe de sacerdotes xintoístas do templo Hachijō-jima. O seu pai, Kikuchi Mohe, foi un famoso escultor en madeira. Aos nove anos, o escritor comezou a traballar nunha libraría, na que continuaría até os dezasete. Publicou os seus primeiros traballos en 1794, os libros ilustrados (kibyōshi 黄表紙) Tendō ukiyo suiseisō (xaponés: 天道浮世出星操) e Ningen isshin shitaisō (xaponés: 人間一心覗替繰).
Co cambio de século, publicaría diferentes obras ilustradas por Utagawa Toyokuni (1769-1825).[2]
Shikitei Sanba cultivou especialmente o xénero humorístico kokkeibon (xaponés: 滑稽本, lit. "libro cómico") e o kibyōshi. Entre as súas obras, destacan Ukiyoburo (xaponés: 浮世風呂, lit. "O baño do mundo flotante", 1809-1819) e Ukiyodoko (xaponés: 浮世床, lit. "A cama do mundo flotante", 1813).[3]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.