disacárido From Wikipedia, the free encyclopedia
A isomaltosa é un disacárido formado por dúas unidades de glicosa unidas por enlace O-glicosídico alfa(1, 6) [1]. É similar á maltosa, pero esta ten enlaces alfa(1, 4), e á celobiosa, a cal ten enlaces beta(1, 4).
Isomaltosa | |
---|---|
6-O-α-D-Glicopiranosil-D-glicopiranosa | |
Outros nomes O-α-D-glicopiranosil-α[1-6]-α-D-glicopiranósido | |
Identificadores | |
Número CAS | 499-40-1 |
PubChem | 439193 |
ChemSpider | 388333 |
MeSH | Isomaltose |
ChEBI | CHEBI:113902 |
Imaxes 3D Jmol | Image 1 |
| |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | C12H22O11 |
Masa molar | 342,30 g mol−1 |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
A isomaltosa está naturalmente presente na cervexa, urina, sangue, fígado, mel de abella (en certos meles como o mel de tileiro chega a haber dun 1,2 ao 1,6% [2]) e outras substancias. Pode obterse da hidrólise do amidón ou do glicóxeno. É un produto da caramelización da glicosa.[3]
A isomaltosa é un sólido branco con aspecto de azucre de cana. É soluble en auga e redutora e moi pouco higroscópica [1]. A isomaltosa non fermenta e non produce carie.
A dixestión do amidón dos alimentos por parte das amilases pancreática e salivar orixina a produción de maltosa e isomaltosa. Estes disacáridos son despois normalmente hidrolizados na luz intestinal polos encimas maltase e isomaltase. Pode existir intolerancia á absorción de isomaltosa debido á ausencia ou déficit nalgunhas persoas do encima isomaltase [4].
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.