From Wikipedia, the free encyclopedia
En zooloxía denomínase hibernación ao estado de letargo ou sono profundo, con descenso das funcións vitais e suspensión das súas actividades, no que algúns animais permanecen durante os meses de inverno.[1]
Hibernación é un termo da linguaxe científica tirado do latín hibernātus, participio pasado de hibernāre, "para pasar o inverno", derivado de hībernus, "inverno".[2]
A tolerancia fronte á variación dos factores ambientais é distinta para as diferentes especies animais. Non todos os animais empregan o mesmo método para hibernar; isto depende do seu tipo de sangue e dotras características. Cando as condicións do medio se fan desfavorábeis, certas funcións quedan diminuídas ou suspendidas, mentres que outras contiúan do modo normal. Con frecuencia, os animais viven en medios somtidos a variacións temporais ou estacionais, cuxas condicións ambientais resultan adecuadas en certas épocas do ano, pero noutras non. As circunstancias poden facerse particularmente desvantaxosas na estación cálida, na fría ou na seca, segundo as especies. En tales momentos os animais reccionan ante estas condicións desfavorábeis, ben suspendendo a actividade vital e pasando ao estado de vida latente, ou ben migrando a lugares máis convenientes.[3]
Cando non migran, moitos animais pasan determinadas temporadas no estadio de vida latente. Os protozoos, tardígrados e rotíferos poden enquistarse, deshidratándose e suspendendo as súas funcións vitais. Noutros casos, os animais atravesan a estación desfavorábel producindo ovos, que están protexidos por cubertas resistentes e cuxo desenvolvenmeto queda detido por unha diapausa. Desta maneira pasan o inverno gran número de insectos. E noutros, na estación desfavorábel, ratardan a súa actividade até caeren nun estado de sopor ou somnolencia. En latitudes temperadas tal fenómeno maniféstas especialmente nos meses máis fríos, polo que recibe o nome de hibernación. Moitos moluscos, insectos, anfibios e mamíferos pasan desta forma o inverno.[3]
O hibernáculo é o refuxio, o aloxamento ou a parte dun tobo que serve para a hibernación dun animal illado, como o oso pardo na súa gorida, ou dun grupo social e familiar, como é o caso da marmota. A palabra pode designar un gran número de lugares, para insectos, anfibios, mamíferos, serpes ou lagartos. Estes lugares normalmente son naturis, por nalgú casos tamén poden seren arificiais.[4]
Durante a hibernación o metabolismo dos animais decrece até un nivel moi baixo, ademais de ter unha temperatura corporal e unha frecuencia respiratoria inferiores ao normal. Durante este período utilizan as reservas enerxéticas almacenadas nos seus corpos durante os meses máis cálidos. Este fenómeno, no seu grao máis alto, é característico dos animais homeotermos (de "sangue quente") como o oso pardo, pero tamén en animais poiquilotermos (de "sangue frío"), como abellas, avespas e xoaniñas, observárose cambios similares.
Neste tipo de animais iníciase unha preparación interna varias semanas antes de comezar o estado de hibernación. Cando a temperatura atmosférica decrece a un certo nivel, o individuo dorme, provocando que a frecuencia dos latexos cardíacos baixe radicalmente; ao mesmo tempo, o número de respiracións diminúe de modo semellante, e a temperatura orgánica descende considerabelmente. Nesta situación, o animal parece que está morto, até o punto que a pel resulta fría ao tacto e, nalgúns casos, pódese manipular ao individuo, incluso con brusquedade, sen que este desperte.
A hibernación (ou "sono de inverno") é un dos grandes enigmas do mundo animal. É algo máis que un profundo sono. O animal baixa as súas pulsacións e a súa respiración, e a dixestión practicamente detense. Ao empezar o inverno, o animal debe ter aumentado as súas reservas de lípidos, que van consumíndose paulatinamente para suplir as necesidades enerxéticas do organismo durante o que pode compararse cun longo sono.
A hibernación nos seres humanos, é como se denomina en medicina o descenso artificial da temperatura do corpo con fins terapéuticos.[1]
Este estado propúxose como solución aos longos períodos de tempo nas viaxes espaciais. Moitas obras litrarias e flimes de ciencia ficción inclúena.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.