Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Tratamento.
Non se debe confundir con terapéutica,[4][5] que é a rama das ciencias da saúde que se ocupa dos medios empregados e a súa forma de aplicalos no tratamento das enfermidades.[6]
O termo terapia é a adaptación galega do latín científicotherapia, voz introducida en 1846, que procede do grego antigo θεραπεία therapeía, "servizo", "coidado do corpo", "tratamento médico".[7]
Terapia individual, é a aplicada a un só paciente.
Terapia de grupo, é aplicada a varios pacientes á vez.
Tratamento alternativo, é o prescrito por unha persoa, xeralmente sen formación médica homologada, e sen demostración científica da súa eficacia.
Tratamento conservador, é o que evita procedementos cruentos, como os cirúrxicos ou instrumentais, e que utiliza medidas pouco agresivas tendentes a manter ou mellorar a situación xeral do enfermo e a controlar no posíbel o curso da enfermidade.
Tratamento curativo, é o que tras ser aplicado se consegue unha reversión total da enfermidade.
Tratamento específico, é o dirixido contra unha enfermidade concreta.
Tratamento etiolóxico, é o que actúa directamente sobre a causa que orixina a enfermidade.
Tratamento paliativo, é o que intenta aliviar ou ofrecer o máximo benestar ao paciente porque non se pode alcanzar un tratamento curativo.
Tratamiento radical, é o que intenta erradicar a enfermidade utilizando todas as medidas dispoñíbeis en medicina.
Tratamento sintomático, é o que calma ou alivia os síntomas naquelas enfermidades que se descoñecen ou que non teñen un tratamento eficaz.
Tratamiento non farmacolóxico, é a intervención non química, teoricamente sustentada, focalizada e replicábel, realizada sobre o paciente ou o coidador e potencialmente capaz de obter un beneficio relevante.
Agencia Española de Medicamentos y Productos Sanitarios (2006): Guía de prescripción terapéutica. Barcelona: Pharma. ISBN 84-95993-11-2.
Brunton, L. L.; Lazo, J. S, & Parker, K. L., editores (2007): Goodman and Gilman. Las bases farmacológicas de la terapéutica, 11ª ed. México: McGraw-Hill. ISBN 978-970-10-5739-1.
Agencia Española de Medicamentos y Productos Sanitarios (2007): Formulario nacional, 1ª ed. Madrid: Editorial Díaz de Santos, S. A. ISBN 978-84-7978-813-1.