From Wikipedia, the free encyclopedia
Dormencia ou latencia[1] é o período de tempo en que unha planta é incapaz de medrar, debido ás condicións ambientais adversas (temperatura, nutrientes, humidade...) aínda que continúa desenvolvendo actividades morfolóxicas e fisiolóxicas. O termo refírese non só aos vexetais, senón ao período no ciclo de vida de calquera organismo no cal o desenvolvemento queda temporalamente suspenso. Minimiza o gasto enerxético, por reducir a actividade metabólica, e pode auxiliar un organismo a conservar enerxía. A dormencia está normalmente asociada coas condicións ambientais. Os organismos poden sincronizar a entrada nunha fase dormente co seu ambiente por medios preditivos ou consecuenciais[2][3].
A dormencia preditiva ocorre cando un organismo entra nunha fase de dormencia antes do establecemento das condicións adversas. Por exemplo, o fotoperíodo e a baixa da temperatura son usados por moitas plantas para prever a chegada do inverno.
A dormencia consecuencial ocorre cando o organismo entra en fase dormente após as condicións adversas teren “chegado”. Esta obsérvase normalmente en áreas de climas imprevisíbeis. Sería de agardar, que alteracións moi súbitas nas condicións, leven a unha alta mortalidade entre animais con dormencia consecuencial, porén o seu uso pode ser vantaxoso, unha vez que os organismos se manteñen activos máis tempo, están aptos a maior uso dos recursos dispoñíbeis.
Dormencia é a condicióno na cal a semente non xermola durante certo tempo, en condicións ambientais nas cales a mesma xermolaría se non estivese dormente. A dormencia debe ser interrompida por un proceso denominado “creba de dormencia”, que torna a semente apta a xermolar.
De acordo coa súa orixe, a dormencia da semente pode ser primaria, cando se inicia durante as fases iniciais ou finais de desenvolvemento da semente na planta-nai; ou pode ser secundaria, cando a semente se torna dormente após a liberacióin no ambiente, e xeralmente decorre da restauración dunha dormencia primaria, inducida por factores externos.
A dormencia pode ser tamén dividida en: fisiolóxica, dependente de factores metabólicos e xenéticos, sendo en xeral crebada por tratamentos con baixa temperatura; morfolóxicas, na cal a semente é dispersa antes de que o embrión complete o seu desenvolvemento, ou; morfofisiolóxica, que presenta unha combinación de ambos os tipos anteriores: após completar o seu desenvolvemento no ambiente, aínda é necesario crebar a dormencia fisiolóxica a través dun tratamento químico (hormonal). Alén destas, existe ademais a dormencia física, caracterizada pola presenza dun envoltorio que confire unha impermeabilidade, imposibilitando o desenvolvemento da plántula.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.