From Wikipedia, the free encyclopedia
Hércules[1] é a quinta constelación en tamaño das 88 constelacións modernas, que recibe o seu nome do heroe mitolóxico, Hércules. Tamén era unha das 48 constelacións de Tolomeo.
Hercules | |
---|---|
Nome latino | Hercules |
Abreviatura | Her |
Xenitivo | Herculis |
Simboloxía | Hércules, o heroe |
Ascensión recta | 17 h |
Declinación | 30° |
Área | 1225 graos cadrados
Rango 5º |
Número de estrelas
(magnitude < 3) |
0 |
Estrela máis brillante | β Her
(magnitude ap. 2.8) |
Choiva de meteoros |
|
Constelacións
lindeiras |
|
Visible en latitudes entre +90° e −50°
Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de xullo | |
Non ten estrelas de primeira magnitude, sendo a máis brillante β Herculis con magnitude 2,78. Mu Herculis atópase a 27,4 anos luz da Terra. O Ápex solar (punto do ceo que indica a dirección cara á que se move o Sol na súa órbita ó redor do centro da galaxia) fica dentro de Hércules, preto de ξ Herculis.
Hércules contén dous dos máis sobresaíntes cúmulos globulares, M13 e M92.
Hércules (na mitoloxía romana, Heracles na mitoloxía grega) foi un semideus, fillo de Zeus e Alcmena. Sen dúbida algunha foi o heroe máis importante dos gregos, coñecido pola súa forza sobrehumana. Existen moitas lendas sobre a súa vida, incluíndo o relato das doce tarefas de Hércules.
Tamén era coñecida esta constelación como o Axeonllado, e Eratóstenes dicía que nela Heracles estaba esmagando cun dos seus xeonllos á serpe que gardaba as mazás das Hespérides.
Hixino mencionaba outras posibles personaxes cos que podería identificarse o Axeonllado: Ceteo, o músico Tamiris cegado polas Musas, Orfeo morrendo a mans das mulleres de Tracia, Ixión cos brazos atados, Prometeo encadeado, Hércules loitando cos Ligures ou Teseo levantando a pedra baixo a que estaba a espada do seu pai Exeo.
A cabeza do heroe vén formada por un cuadrángulo de estrelas: π Her, η Her, ζ Her e ε Her coñecidas coma o asterismo "Chave de Pedra". Este cuadrángulo está entre dúas estrelas moi brillantes: Vega na constelación de Lyra e α CrB (Gemma, ou Alphecca) na constelación de Corona Borealis. É o gran guerreiro de Kiaish.
Na perna dereita do heroe, dúas estrelas brillantes de terceira magnitude: α Her (Ras Algethi) e δ Her (Sarin); a última é o xeonllo dereito. A perna esquerda contén estrelas máis febles de cuarta magnitude que non teñen designación de Bayer pero si teñen designación de Flamsteed.
A estrela β Her pertence á man dereita estendida do heroe, chamada tamén Kornephoros.
O Cúmulo Globular M13 queda na parte superior da cabeza do heroe, entre as estrelas η Her e ζ Her. É feble, pero pode ser visto a simple vista nunha noite clara. Tamén está o cúmulo globular M92. A orientación tradicional auténtica é coa cabeza como α Herculis, porque Ras Algethi significa literalmente "cabeza do Axeonllado." A man esquerda apunta cara a Lyra dende o seu ombreiro (Delta Herculis), e Beta Herculis forma o seu outro ombreiro. A súa estreita cintura está formada por Epsilon e Zeta Herculis. Finalmente, a súa perna esquerda (con Theta coma xeonllo e Iota coma pé) está esmagando a cabeza de Draco, o dragón ou serpe que Hércules venceu e sobre a que fai fachenda por toda a eternidade.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.