Remove ads
matemático, xeógrafo e astrónomo grego From Wikipedia, the free encyclopedia
Eratóstenes (Ερατοσθένης), nado no ano 276 a.C. e finado no 194 a.C., foi un matemático, xeógrafo e astrónomo grego.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Nome orixinal | (grc) Ἐρατοσθένης ὁ Κυρηναῖος |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (grc) Ἐρατοσθένης 276 a.C. Cirene (Período helenístico de Exipto) |
Morte | 194 a.C. Alexandría (Período helenístico de Exipto) |
Director da Biblioteca de Alexandría | |
255 a. C. – 200 a. C. ← Apolonio de Rodas – Aristófanes de Bizancio → | |
Actividade | |
Campo de traballo | Xeometría, teoría de números e xeografía |
Ocupación | matemático, musicólogo, teórico da música, xeógrafo, poeta elexíaco, escritor, bibliotecario, historiador, astrónomo, poeta, filósofo |
Período de tempo | Período helenístico |
Empregador | Biblioteca de Alexandría |
Profesores | Aristón de Quíos, Zenón de Citio, Arcesilau (pt) , Calímaco e Lysanias of Cyrene (en) |
Alumnos | Ptolemeu IV Filopator (pt) |
Obra | |
Obras destacables | |
Descrito pola fonte | Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Dicionario Musical Riemann (1901–1904) |
Nado en Cirene, na actual Libia, estudou en Alexandría e posteriormente en Atenas. Tivo como mestres a Aristón de Quíos, a Lisanias de Cirene e ao poeta Calímaco e foi grande amigo de Arquímedes. Dende o 236 a. C. dirixiu a Biblioteca de Alexandría a petición do faraón Tolomeo III.
A Eratóstenes atribúeselle a invención da esfera armilar, que se empregou ata o século XVI, e coa que determinou a oblicuidade da eclíptica. Eratóstenes determinou tamén que o intervalo entre os trópicos eran os 11/83 da circunferencia enteira, o que resultaba para esa oblicuidade 23º 51' 19", cifra que posteriormente adoptaría Tolomeo, aínda que segundo algúns historiadores Eratóstenes obtivo un valor de 24º, e sería Tolomeo quen modificara o resultado.
Despois de ler un informe sobre Siena, cidade a 800 km ao sueste de Alexandría, no que se dicía que os raios solares ao caeren sobre unha vara vertical ao mediodía no solsticio de verán (21 de xuño) non producía sombra, Eratóstenes realizou observacións en Alexandría o mesmo día á mesma hora e descubriu que a luz do Sol incidía verticalmente nun pozo de auga o mesmo día á mesma hora. Con isto supuxo correctamente que, se o Sol estaba a grande distancia, os raios solares debían chegar á terra en forma paralela se era plana e non debía haber diferenzas entre as sombras proxectadas polos obxectos á mesma hora do mesmo día, independentemente de onde se atopasen. Pero si había esas diferenzas, polo que deduciu que a terra non era plana e utilizando a distancia coñecida entre as dúas cidades calculou a circunferencia da terra en 252.000 estadios (40.000 km).
Eratóstenes foi o inventor da xeografía científica, recolleu os coñecementos esparexidos en numerosas obras de viaxeiros e cronistas para compoñer a obra Geographika, que non se conserva máis que fragmentariamente, dividida en tres volumes: o primeiro falaba dos seus predecesores e expuña as investigacións que se realizaran sobre a forma da Terra, que el cría unha esfera inmóbil; o segundo falaba da xeografía física; e no último libro falaba de xeografía política, no que se incluían as descricións das rexións coñecidas, que tomou dos relatos de viaxeiros e xeógrafos precedentes.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Eratóstenes |
Este artigo sobre matemáticas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.