![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/9/99/260_Boa_Vista.jpg/640px-260_Boa_Vista.jpg&w=640&q=50)
Hamada
Deserto rochoso / From Wikipedia, the free encyclopedia
Unha hamada ou hammada (en árabe, حمادة ḥammādá) é un tipo de paisaxe de deserto pedregoso, caracterizado en gran parte pola súa paisaxe árida, dura, de mesetas rochosas e con moi pouca area.[1] As hamadas, ás veces, tamén se lles chama reg, aínda que este termo refírese a unha chaira pedregosa máis que a unha meseta.[2] A superficie dunha hamada está composta por rochas planas,[3] cubertas de grava, de dimensións maiores de seis centímetros.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/9/99/260_Boa_Vista.jpg/640px-260_Boa_Vista.jpg)
As hamadas existen en contraste cos ergs, que son grandes zonas conformadas por dunas de area cambiantes, modificadas continuamente polos ventos dominantes.[4][5]
A maior hamada do mundo é a hamada do Draa, no noroeste do deserto do Sáhara, situada entre Marrocos, Alxeria e o Sáhara Occidental. As áreas de hamada constitúen o 70% do deserto do Sáhara.
"Hamada" é un termo empregado comunmente como toponímico en moitas zonas do Sáhara, como sucede con Hamada el Hamra, en Libia.