Alxeria
país de África / From Wikipedia, the free encyclopedia
Alxeria[1][2][3][4] (en árabe: الجزائر, al-Jazā’ir, en tamazight: ⴷⵥⴰⵢⴻⵔ, Dzayer), oficialmente República Democrática e Popular de Alxeria (en árabe: الجمهورية الجزائرية الديمقراطية الشعبية en Tamazight: ⵜⴰⴳⴷⵓⴷⴰ ⵜⴰⴷⵣⴰⵢⵔⵉⵜ ⵜⴰⵎⴰⴳⴷⴰⵢⵜ ⵜⴰⵖⴻⵔⴼⴰⵏⵜ ), é un estado situado na África do Norte, formando parte do Magreb. A súa capital, Alxer, está ao norte, á beira da costa mediterránea. Cunha superficie de 2 381 741 km² é o país maior da cunca mediterránea, de África e do mundo árabe. Fai fronteira terrestre con Tunisia ao nordés, Libia ao leste, Níxer e Malí ao sur, Mauritania e o territorio en disputa do Sáhara Occidental ao suroeste e Marrocos ao oeste.
الجمهورية الجزائرية الديمقراطية الشعبية (ar) Republik Demokratik Rakyat Algeria (ms) People's Democratic Republic of Algeria (en) الجزائر (ar) Algeria (ms) Algeria (en) | |||||||||
Himno | Kassaman | ||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Lema | «By the people and for the people (en) » | ||||||||
Localización | |||||||||
| |||||||||
Capital | Alxer | ||||||||
Contén a división administrativa | |||||||||
Poboación | |||||||||
Poboación | 43.900.000 (2020) (18,43 hab./km²) | ||||||||
Lingua oficial | árabe Standard Algerian Berber (en) | ||||||||
Relixión | Islam | ||||||||
Xeografía | |||||||||
Parte de | |||||||||
Superficie | 2.381.741 km² | ||||||||
Bañado por | Mar Mediterráneo | ||||||||
Punto máis alto | Monte Tahat (2.918 m) | ||||||||
Punto máis baixo | Chott Melrhir (pt) (−40 m) | ||||||||
Comparte fronteira con | |||||||||
Datos históricos | |||||||||
Creación | 5 de xullo de 1962 | ||||||||
Evento clave
| |||||||||
Día festivo | Eid al-Adha (10 Dhu al-Hijjah (pt) ) Eid al-Fitr (2 Shawwal (pt) ) Independence Day (en) (5 de xullo) Ashura (pt) (10 Muharram (en) ) Mawlid (pt) (12 Rabi' al-awwal (en) ) Aninovo (1 de xaneiro) Islamic New Year (en) (1 Muharram (en) ) Día Internacional dos Traballadores (1 de maio) Yennayer (en) (12 de xaneiro) Q109381883 (1 de novembro) | ||||||||
Organización política | |||||||||
Forma de goberno | República semipresidencialista | ||||||||
• President of Algeria (en) | Abdelmadjid Tebboune (2019–) | ||||||||
Órgano executivo | Government of Algeria (en) | ||||||||
• Primeiro ministro | Aymen Benabderrahmane (2021–) | ||||||||
Órgano lexislativo | Parliament of Algeria (en) , | ||||||||
Máxima autoridade xudicial | Supreme Court of Algeria (en) | ||||||||
Membro de | |||||||||
PIB nominal | 163.472.233.246 $ (2021) | ||||||||
Moeda | Dinar alxeriano | ||||||||
Identificador descritivo | |||||||||
Fuso horario | |||||||||
Dominio de primeiro nivel | .dz | ||||||||
Prefixo telefónico | +213 | ||||||||
Teléfono de emerxencia | 14 (pt) , 17, 1548 (pt) e 1055 (pt) | ||||||||
Código de país | DZ | ||||||||
Páxina web | el-mouradia.dz… | ||||||||
Este artigo amosa letras tifinagh. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
Este artigo amosa letras árabes. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
Despois de 132 anos de colonización francesa, Alxeria obtivo a súa independencia o 5 de xullo de 1962. Alxeria fíxose membro da Organización das Nacións Unidas (ONU), da Unión Africana (UA) e da Liga de Estados Árabes dende practicamente da súa independencia, en 1962. Tamén é integrante da Organización de Países Exportadores de Petróleo (OPEP) dende 1969. En febreiro de 1989 Alxeria participou xunto a outros estados da África magrebí na creación da Unión do Magreb Árabe (UMA), sendo tamén o país membro da Unión para o Mediterráneo dende 2008. A constitución alxeriana define "o islam, o arabismo e o berberismo" como "compoñentes fundamentais" da identidade do pobo alxeriano e ao país como "terra do Islam, parte integrante do Gran Magreb, mediterráneo e africano".
O 2 de abril de 2019, o presidente Abdelaziz Bouteflika abandonou o cargo por mor da presión do exército do país, logo de protestas masivas contra un quinto mandato de Abdelaziz Bouteflika.