![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/e/eb/Western_Sahara_%2528orthographic_projection%2529.svg/langgl-640px-Western_Sahara_%2528orthographic_projection%2529.svg.png&w=640&q=50)
Sáhara Occidental
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Sáhara Occidental é un territorio do norte de África situado no extremo occidental do deserto do Sáhara, as beiras do océano Atlántico. É un dos 17 territorios non autónomos baixo supervisión do Comité Especial de Descolonización da Organización das Nacións Unidas, coa fin de eliminar o colonialismo.[1] Foi introducido na lista dos territorios non autónomos en 1960 a través da resolución 1542 (XV) da Asemblea Xeral das Nacións Unidas, de 15 de decembro dese ano, cando era unha provincia española.[2]
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
الصحراء الغربية (ar) ![]() | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Territorio reivindicado por | Marrocos (1976–) República Árabe Saharauí Democrática (1976–) ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 612.000 (2021) ![]() | ||||
Lingua usada | árabe moderno padrão (pt) ![]() Árabe hassani (pt) ![]() árabe marroquí lingua castelá ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 266.000 km² ![]() | ||||
Bañado por | Océano Atlántico ![]() | ||||
Altitude | 237 m ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Moeda | Dirham ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Dominio de primeiro nivel | .eh ![]() | ||||
Prefixo telefónico | +212 ![]() | ||||
Código de país | EH ![]() | ||||
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/72/LocationWesternSahara.svg/640px-LocationWesternSahara.svg.png)
O seu proceso de descolonización foi interrompido en 1976, cando a súa potencia administradora, España, abandonou o Sáhara Occidental nas mans de Marrocos e Mauritania. Isto sucedeu trala marcha verde e conforme ao disposto nos Acordos de Madrid (1975), non válidos segundo o Dereito internacional.[3] Xa no século XXI o territorio está ocupado[3][4] na súa maior parte por Marrocos, que o chama as súas Provincias Meridionais. Porén, a soberanía marroquí non está recoñecida nin polas Nacións Unidas nin por ningún país do mundo[5] e é rexeitada pola Fronte Polisario. Este proclamou a súa independencia en 1976 e creou a República Árabe Saharauí Democrática (RASD), recoñecida ata o momento por máis de oitenta países. A RASD administra a rexión ao leste non controlada por Marrocos, a cal denomina Zona Libre. Por outra banda, Mauritania ocupa a cidade sureña de La Güera e outras zonas adxacentes a esta dentro da península de Cabo Blanco.