![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/c/c6/Flag_of_Algiers.svg/langgl-640px-Flag_of_Algiers.svg.png&w=640&q=50)
Alxer
capital e cidade máis importante de Alxeria / From Wikipedia, the free encyclopedia
Alxer[1][2][3] (en árabe: الجزائر, al-Jazā’ir; no dialecto árabe falado en Alxeria: دزاير, en bérber Dzayer tamaneɣt) é a capital e cidade máis importante de Alxeria. Situada no norte do país, na ribeira do mar Mediterráneo, no oeste da baía do seu nome, Alxer é o principal porto do noroeste de África. Se facemos coincidir a cidade coa daira de Sidi M'Hamed, que abrangue a maior parte do núcleo urbano, a poboación superaría lixeiramente os 250.000 habitantes, pero na aglomeración viven case sete millóns de habitantes, o que converte Alxer na cidade máis importante do Magreb.
الجزائر (ar) Lezzayer (kab) Alger (fr) ![]() | |||||||||||
Localización | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||
Estado | Alxeria | ||||||||||
Província da Argélia (pt) ![]() | Provincia de Alxer ![]() | ||||||||||
Capital de | Alxeria (1962–) ![]() | ||||||||||
Poboación | |||||||||||
Poboación | 3.415.811 (2011) ![]() | ||||||||||
Lingua oficial | árabe Lingua bérber ![]() | ||||||||||
Xeografía | |||||||||||
Parte de | |||||||||||
Superficie | 363 km² ![]() | ||||||||||
Bañado por | Mar Mediterráneo ![]() | ||||||||||
Altitude | 0 m ![]() | ||||||||||
Datos históricos | |||||||||||
Creación | 944 ![]() | ||||||||||
Evento clave
| |||||||||||
Organización política | |||||||||||
Membro de | |||||||||||
Identificador descritivo | |||||||||||
Código postal | 16000–16132 ![]() | ||||||||||
Fuso horario | |||||||||||
Prefixo telefónico | 213 ![]() | ||||||||||
Outro | |||||||||||
Irmandado con | |||||||||||
![]() |
![]() |
Este artigo amosa letras árabes. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
De fundación fenicia, denominada Icosium polos romanos, foron os bérberes a partir do ano 950 os que lle deron o seu aspecto actual, o da cidade alta ou Casbah que ascende por un outeiro coa configuración labiríntica habitual do urbanismo árabe. Posteriormente, a ocupación francesa a partir do século XIX estendeu unha cidade moderna de corte europeo na parte baixa en torno ao porto e a baía.