Illa de Boa Vista, Cabo Verde
From Wikipedia, the free encyclopedia
Boa Vista, tamén escrito como Boavista, é unha illa desértica que pertence ás illas de Cabo Verde. O arquipélago contén 10 illas diferentes, en total, das cales Boa Vista é a terceira máis grande.
Illa de Boa Vista | |
---|---|
Localización da illa | |
Mapa da illa | |
Situación | |
País | Cabo Verde |
Arquipélago | Illas de Barlovento |
Mar | Océano Atlántico |
Coordenadas | 16°6′11.93″N 22°48′12.59″O |
Xeografía | |
Xeoloxía | Illa volcánica |
Superficie | 620 km² |
Longura máxima | 31 km. |
Largura máxima | 29 km. |
Punto máis alto | 387 m. Monte Estância |
Demografía | |
Capital | Sal Rei |
Poboación | 12.000 (2013) |
Densidade | 19 hab./km² |
A illa de Boa Vista é a que se atopa máis cerca do continente africano, xa que é a illa máis oriental de todas. A distancia entre Boa Vista e o Senegal é de só 450 km.
Boa Vista, que ten a súa capital, Sal Rei, situada na parte noroeste da illa, é principalmente coñecida pola presenza de numerosas tartarugas, música tradicional e un ultra maratón. A xente tamén asocia Boa Vista coas súas infinitas fermosas praias e outeiros de area. Boa Vista ten un valor establecido no sector turístico debido ao aeroporto de Rabil e as numerosas opcións de aloxamento que ofrece a illa para os turistas.