actor estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia
George Ranft, nado en Nova York o 26 de setembro de 1901[1][2] e finado nos Ánxeles o 24 de novembro de 1980, foi un actor de cinema estadounidense, coñecido como George Raft.
(1939) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) George Ranft 26 de setembro de 1895 Nova York, Estados Unidos de América |
Morte | 24 de novembro de 1980 (85 anos) Os Ánxeles, Estados Unidos de América |
Causa da morte | leucemia |
Lugar de sepultura | Forest Lawn Memorial Park |
Educación | Stuyvesant High School |
Altura | 170 cm |
Actividade | |
Ocupación | actor, actor de teatro, actor de televisión, actor de cinema, bailarín |
Período de actividade | 1929 - |
Empregador | Warner Bros. |
Xénero artístico | Gangster film (en) |
Premios | |
|
George Raft, naceu en Hell's Kitchen como George Ranft, fillo de Eva Glockner, inmigrante alemá, e Conrad Ranft, fillo de inmigrantes alemáns en Massachusetts.[3] Moitos obituarios citaban a data de nacemento de Raft como 1895, que indicou como correcto cando apareceu en The Mike Douglas Show sete meses antes da súa morte.[4] Porén, Raft aparece rexistrado no New York City Birth Index como nado en 1901 como "George Rauft" (aínda que posiblemente "Rauft" é un erro de transcrición de "Ranft").[5] O censo de Nova York de 1900 lista a súa irmá Katie como única filla viva dos seus pais.[6] No censo de 1910, Raft aparece con oito anos.[3][7]
Inicialmente interesado na danza, de novo amosou unha grande aptitude para a mesma[8] e isto, combinado co seu sentido da elegancia, permitiulle actuar como bailarín nalgúns dos clubs de moda de Nova York.[9] Formou parte do club de Texas Guinan,[10] e o seu éxito levouno a Broadway, onde volveu traballar como bailarín.[11] Posteriormente actuou en Londres formando parte dun coro nos primeiros anos da década de 1920.
En 1929 Raft trasladouse a Hollywood, onde tamén traballou de bailarín para pagar facturas,[11] e comezou a interpretar pequenos papeis no cinema. O seu éxito chegoulle con Scarface (1932), en que a súa convincente interpretación levantou dúbidas sobre se Raft era verdadeiramente un gánster. Foi amigo de varias figuras do crime organizado, incluídos Bugsy Siegel, Owney Madden e o sospeitoso do asasinato de Siegel, Meyer Lansky. Raft foi considerado un dos actores máis elegantes de Hollywood e conseguiu unha celebridade que non se debía enteiramente á calidade ou á popularidade dos seus filmes; chegou a ser unha icona da cultura popular da década de 1930, nun nivel que moi poucas estrelas cinematográficas acadaron. O seu filme de 1932 Night After Night lanzou a carreira cinematográfica de Mae West e deu o primeiro papel principal a Raft. Actuou o ano seguinte xunto a Wallace Beery, Jackie Cooper, Fay Wray e Pert Kelton no filme de Raoul Walsh The Bowery, encarnando a Steve Brodie, o primeiro home que sobreviviu tras saltar da ponte de Brooklyn.
Foi definitivamente un dos tres actores máis importante que interpretaron gánsters na década de 1930 (os outros foron James Cagney e Edward G. Robinson, xa que Humphrey Bogart non chegou ao estrelato de Raft nesa década). Raft e Cagney traballaron juntos en Each Dawn I Die (1939) no papel de compañeiros de prisión.
Entre os seus filmes máis coñecidos están If I Had a Million (1932), en que interpretaba un falsificador que se ocultaba da policía, Bolero (1934), cun pouco habitual papel de bailarín, The Glass Key (1935), baseado nunha obra de Dashiell Hammett, Souls at Sea (1937),[12] con Gary Cooper, dous filmes con Humphrey Bogart nun papel secundario: Invisible Stripes (1939) e They Drive by Night (1940), e Manpower (1941), con Edward G. Robinson e Marlene Dietrich.
En 1940-41 Raft atopábase no cumio da súa carreira. Na seguinte década comezou a declinar e foi considerado nos medios de Hollywood o actor que rexeitou algúns dos mellores papeis da época, como os de High Sierra (supostamente non quería que a súa personaxe morrese) e The Maltese Falcon (non quixo rodar a versión da novela de 1931 cun director novel); ambos os papeis transformaron a Humphrey Bogart dun actor secundario a unha estrela de Hollywood en 1941. Tenteado polo director Billy Wilder, rexeitou o papel principal de Double Indemnity (1944) que interpretou Fred MacMurray. Estes erros, xunto ao crecente rexeitamento por parte do público do seu estilo de vida aparentemente gansteril, remataron coa súa carreira como actor principal.
Satirizou a súa imaxe de gánster cunha actuación favorablemente acollida en Con saias e a rachar (1959), mais isto non supuxo a volta ao estrelato e o resto da década dedicouno a rodar en Europa. Interpretou un pequeno papel como o propietario dun casino en Ocean's Eleven (1960), xunto ao Rat Pack. As súas últimas actuacións foron en Sextette (1978), con Mae West nun divertido cameo, e The Man with Bogart's Face (1980).
Raft faleceu a causa dun enfisema con 79 anos de idade nos Ánxeles. Foi enterrado no Cemiterio Forest Lawn Memorial Park.
George Raft ten dúas estrelas no Paseo da Fama de Hollywood, unha pola súa contribución á industria cinematográfica, no 6150 de Hollywood Boulevard, e outra polo seu traballo na televisión, no 1500 de Vine Street.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.