actor estadounidense (1885–1949) From Wikipedia, the free encyclopedia
Wallace Fitzgerald Beery, nado en Clay County (Missouri) o 1 de abril de 1885 e finado en Beverly Hills (California) o 15 de abril de 1949, foi un actor estadounidense.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Wallace Fitzgerald Beery 1 de abril de 1885 Condado de Clay, Estados Unidos de América (pt) |
Morte | 15 de abril de 1949 (64 anos) Beverly Hills, Estados Unidos de América |
Causa da morte | infarto agudo de miocardio |
Lugar de sepultura | Forest Lawn Memorial Park |
Actividade | |
Ocupación | actor de teatro, actor, actor de cinema, director de cinema |
Período de actividade | 1913 - 1949 |
Familia | |
Cónxuxe | Gloria Swanson (1916–1919) |
Pais | Noah Webster Biri e Francis Margaret Fitzgerald |
Irmáns | Noah Beery |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, American Biographical Archive (en) |
|
Naceu en Clay County e viviu nunha granxa ata que da década de 1890 a súa familia marchou a Kansas City onde o seu pai traballou como policía. Aos dezaseis anos marchou da casa a traballar nun circo. En 1904 atopou traballo en Nova York na ópera cómica, e comezou a traballar en Broadway.
O seu debut no cinema foi en 1913. En 1917 interpretou a Pancho Villa en Patria, cando este aínda estaba vivo. Volvería facer o papel en 1933 en Viva Villa!. Debido a súa voz foi contratado pola Metro-Goldwyn-Mayer no comezo do cinema sonoro. En 1932 gañou o Oscar ao mellor actor por The Champ.
Durante os anos trinta foi un dos actores mellor pagados de Hollywood. Seguiu traballando con éxito ata o seu pasamento en 1949.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Wallace Beery |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.