xénero de aves From Wikipedia, the free encyclopedia
Foudia é un xénero de aves da orde dos paseriformes, suborde dos oscines, infraorde dos paséridos e familia dos ploceidos.[1][2]
Foudia | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Foudia madagascariensis con plumaxe nupcial | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Especie tipo | |||||||||||||||||||
Foudia madagascariensis (Linnaeus, 1766) | |||||||||||||||||||
Especies e Subespecies | |||||||||||||||||||
|
O xénero comprende sete especies propias das illas do océano Índico occidental.[3][4]
O xénero foi descrito en 1850 polo naturalista alemán Ludwig Reichenbach.[5]
A especie tipo, Foudia madagascariensis, foi designada posteriormente.[6]
O nome científico do xénero, Foudia, deriva do nome foudi (ou fodi), que é o que empregan os indíxenas Madagascar para designaren a especie propia desta illa, F. madagascarensis.[7]
Recoñécense no xénero as seguintes sete especies:[4][8][9]
Só se reconñecen subespecies en Foudia eminentissima:[1][10]
Son pequenas aves de 12 a 15 cm de lonxitude, e teñen un pico cónico e curto. Os machos reprodutores adoitan presentaren unha plumaxe de cores vivas, vermella ou amarela brillante. Os machos fóra da época de reprodución, e as femias durante todo o ano. exhiben plumaxes parecidas, maiormente de cores gris e parda, semellantes aos dos gorrións.[2]
Encóntranse principalmente en bosques ou zonas de monte baixo, pero algunhas tamén se dan en hábitats artificiais, especialmente Foudia madagascariensis. Os machos son, como os de todos os ploceidos, os encargados de construíren os niños, os das especies deste xénero en forma de cúpula, e feitos con herbas e outros materiais vexetais, cunha abertura lateral e suspendidos dunha rama o dunha folla dunha palmeira.[2]
Algunhas especies aliméntanse principalmente de sementes, pero outras son en gran parte insectívoras.[2]
Estas aves son endémicas das illas do océano Índico occidental, Madagascar, Seychelles, Comores e Mascareñas.[3]
Foudia madagascariensis foi introducida no arquipélago de Chagos, Bahrain e Santa Helena.[2]
Mentres que F. madagascariensis é unha das aves máis comúns da rexión, varias das outras especies de Foudia considéranse ameazadas, en particular a que vive en Mauricio (Foudia rubra), cuxo status está avaliado como EN (especie en perigo de extinción) pola UICN.[11]
Segundo unha análise recente de ADN, Foudia é un clado irmán de Quelea. E estes dos xéneros, que pertencen ao grupo dos chamados verdadeiros tecedores (subfamilia dos ploceinos), están tamén estreitamente relacionado scoas especies asiáticas do xénero Ploceus.
A seguinte árbore filoxenética representa unha visión actual das relacións entre os xéneros Foudia e Quelea, e os seus parentes máis achegados.[12]
| |||||||||||||
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.