Foudia rubra é unha especie de ave da orde dos paseriformes, suborde dos oscines, infraorde dos paséridos, e familia dos ploceidos, unha das sete pertencentes ao xénero Foudia, endémica da illa de Mauricio.

Máis información Estado de conservación, Clasificación científica ...
Foudia rubra

Macho
Estado de conservación
En perigo
En perigo[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Suborde: Oscines
Infraorde: Passerida
Superfamilia: Passeroidea
Familia: Ploceidae
Xénero: Foudia
Especie: F. rubra
Nome binomial
Foudia rubra
(Gmelin, 1789)
Sinonimia
Véxase o texto
Pechar

Taxonomía

Descrición

A especie foi descrita en 1789 polo naturalista alemán Johann Friedrich Gmelin,[2] co nome de Emberiza rubra.[3]

Etimoloxía

Para a do xénero, véxase Foudia.

O epiteto específico, rubra, é o nominativo singular feminino do adxectivo latino ruber, -bra, -brun, que fai referencia á coloración da cabeza do macho desta ave.

Sinónimos

Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:

Características

Mide 14 cm de lonxitude. Os machos reprodutores son de cor parda olivácea coa cabeza, o peito e a rabadilla ou sobrecú vermellos, e a área loreal negra.[6] As femias, os machos non reprodutores e os xuvenís son de cor parda olivácea con barras brancas na ás e o bico marrón.

Bioloxía e ecoloxía

Hábitat e distribución

Vive n a iila de Maurio¡cio e ilots adxacentes, desde os 0 aos 300 m de altitude,[1] encontrándose en todo tipo de bosques autóctonos, incluídos os degradados, así como nas crecentes plantacións de especies de árbores non autóctonas,[7] como as de piñeiro e do cedro xaponés (Cryptomeria japonica), que aumentaron notabelmente durante entre 1994 e 2003, substituíndo á vexetación nativa e que agora subministran protección contra os depredadores de niños.[8][7]

Nutrición

Aliméntase principalmente de insectos, como saltóns, larvas de escaravellos, eirugas e arañas. Tamén comen froitos e bagas con regularidade, así como néctar, utilizando para iso a súa lingua especializada, rematada na punta por un pincel.[9][10]

Reprodución

A cría na Île aux Aigrettes,[11][12] pequena illa —a máis grande, cunha superficie de 0,26 km2, das situadas na baía do distrito de Grand Port, ao leste da illa principal da República de Mauricio, e que constitúe unha reserva natural deste país,[13] lévase a cabo entre os meses de xullo e febreiro,[14] uns dous meses antes que a poboación que habita na illa de Mauricio. A reprodución pode terminar se hai un período prolongado de chuvia (máis de un mes), pero en condicións secas non causan unha interrupción.[15]

Conservación

Está ameazado pola perdida de hábitat e pola depredación por animais introducidos. A partir da década de 1970 perdeu gran parte do seu hábitat cando a terra foi despexada para plantacións.[6] No ano 2001 non había máis de 100 parellas reprodutoras.[16] Os niños son atacados polos depredadores, en especial ratas negras (Rattus rattus) e macacos cangrxeiros (Macaca fascicularis). Esta é actualmente a principal causa do declive da ave. Algunhas áreas do seu hábitat intacto teñen unha alta depredación de niños, pero as zonas de baixa depredación de niños poden seren hábitats deficientes.[6] O miná común (Acridotheres tristis) tamén se observou depredando os niños.

Os esforzos de conservación inclúen o control de ratas e macacos. Un programa de cría en catividade levado a cabo pola Fundación de Vida Silvestre de Mauricio produciu moitos pitos.[6] A poboación aumentou recentemente debido aos programas de conservación establecendo subpoboacións en illas costeiras.[6] Debido a estes esforzos de conservación a especie foi baixada de «en perigo crítico» a «en perigo» en 2009.

Galería

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.