familia de paseriformes From Wikipedia, the free encyclopedia
A dos ploceidos (Ploceidae) é unha familia de ave da orde dos paseriformes, suborde dos oscines, infraorde dos paséridos e superfamilia dos paseroideos.
Ploceidae Ploceidos | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Ploceus cucullatus macho | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Xéneros | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||
|
Porén, nas clasificacións máis recentes, o dos ploceido é un clado no que se exclúe a algunhas aves que historicamente foron situadas na familia, como algúns dos pardais, pero que inclúe a subfamilia monotípica dos Amblyospizinae. Crese que a familia orixinouse a mediados do mioceno.[1]
Todas as especies dos ploceidos son propias do Vello Mundo, e a maioría habitan na África subsahariana, aínda que algunhas viven en zonas da Asia tropical e en Australia. Unhas poucas foron introducidas fóra da súa área de distribución orixinaria.[2]
A familia dos ploceidos foi descrita en 1838 polo zoólogo sueco Carl Jakob Sundevall,[3][4] na páxina 74 do seu traballo "Ornithologiskt system",[5] publicado en Kongliga Svenska Vetenskapsakademiens Handlingar: 43–130, baixo o nome de Ploceïdes.[5]
O nome científico do xénero, Ploceidae, está formado, como é o usual, coa raíz do nome do seu xénero tipo, Ploceus, e o sufixo do latín científico -idae, usado para construír os nomes das familias de animais (substituíndo ao incorrecto "Ploceïdes" que lle adxudicara Sundevall).
As especies dos ploceidos, a pesar das súas semellanzas morfolóxicas, non están estreitamente relacionadas cos pardais (paséridos) nin cos emberícidos, segundo Luis Allende et al.[6][7]
Moitas das súas especies deben o seu nome vulgar en castelán, tejedores (tecedores), e o o inglés de weavers (tecedores), aos seus niños entretecidos (os máis elaborados que os de ningunha outra ave). Os autores de fala inglesa dividen os xéneros da familia nos grupos de buffalo weavers (tecedores dos búfalos), sparrow weavers (tecedores pardais), typical weavers (tecedores típicos) e widow weavers (tecedores viúvas).
A maioría dos autores recoñecen na actualidade os seguintes 11 xéneros:[3]
Adoitan mostrar un gran dimorfismo sexual. Os machos de moitas especies desta familia presentan unha plumaxe de cores vivas, normalmente vermella ou amarela e negra, mentres que as fembras son de coloracións máis apagadas. Porén, algunhas especies mostran variacións de cor só na época da reprodución.[2]
Son paxaros comedores de sementes, que apañan cos seus robustos peteiros cónicos. Os niños varían en tamaño, forma, material usado e mas técnicas de construción dunha especie a outra. Os materiais usados para a súa construción inclúen fibras finas de follas, herba e ramiñas. Moitas especies tecen niños moi finos usando febras finas de follas, aínda que algunhas, como as dúas do xénero Bubalornis e a única do xénero Dinemellia, forman niños pegados desordenadamente de forma masiva nas súas colonias de cría, as cales teñen dentro varios niños esféricos tecidos.[8]
Algunhas especies africanas, como Philetairus socius, constrúen niños de apartamentos, nos que de 100 a 300 parellas teñen a súa propia cámara en forma de frasco cunha entrada tubular ao fondo.[9]
A maioría das especies tecen niños que teñen entradas estreitas, que se dirixen cara a abaixo. Os tecedores son paxaros gregarios que a miúdo crían en colonias. Constrúen os seus niños xuntos, moitas veces varios nunha rama. Usualmente son os machos os que tecen o niño, e o utilizan como unha forma de exhibición para seduciren ás femias. As colonias poden encontrarse cerca de corpos de auga.[2]
Como quedou dito, son paxaros do Vello Mundo, a maioría habitantes da África subsahariana, aínda que algunhas viven en zonas da Asia tropical e en Australia.
As súas colonias pódense atopar frecuentemente preto de corpos de auga.
Aínda que os tecedores noméase así polos seus niños elaboradamente tecidos, como vimos máis arriba, algúns son notábeis polos seus hábitos de nidificación parasitos selectivos.
Os ploceidos son aidoito causantes de danos á agricultura, notoriamente a especie Quelea quelea, que ten a fama de ser a ave máis numerosa do mundo.[10][11]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.