Fisicoquímica
subdisciplina da química que estuda a materia empregando conceptos físicos e químicos / From Wikipedia, the free encyclopedia
A química física ou fisicoquímica[1] é unha ciencia punto de encontro entre a química e a física que intenta estudar a materia desde o punto de vista físico,[2] centrándose nas bases físicas dos sistemas e procesos químicos. De acordo co químico estadounidense de renome Gilbert Lewis, "A Química física é calquera cousa interesante", probablemente referíndose ó feito de que moitos fenómenos da natureza relacionados coa materia son de principal interese na química física.
A física química representa unha póla onde hai unha mestura de diversas ciencias, como a química, a física, a termodinámica, a electroquímica e a mecánica cuántica onde as funcións matemáticas poden representar interpretacións a nivel molecular e a nivel atómico. Cambios na temperatura, presión, volume, calor e traballo nos sistemas, sólido, líquido e/ou gasoso atópanse tamén relacionados a estas interpretacións de interaccións moleculares.
O químico estadounidense do século XIX Willard Gibbs é tamén considerado o pai fundador da química física, onde a súa publicación de 1876 chamada On the Equilibrium of Heterogeneous Substances (Estudo sobre o equilibrio de substancias heteroxéneas) falou de termos como a enerxía libre, potencial químico, ou a regra das fases, que anos máis tarde serían de salientable interese dentro do estudo desta disciplina.
A fisicoquímica moderna ten os seus alicerces na física pura. Áreas de estudo moi importantes nesta inclúen a termoquímica (termodinámica química), cinética química, química cuántica, mecánica estatística, electroquímica, química do estado líquido, química coloidal, química de superficies e espectroscopia. A fisicoquímica forma parte fundamental do estudo da ciencia dos materiais.