Esta é unha lista dos filmes propostos na 77ª edición dos Óscar para o mellor filme en lingua non inglesa.[1] A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (AMPAS) convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar un filme para o Óscar ó mellor filme internacional cada ano dende que o premio foi creado na edición de 1956.[2] O premio é presentado anualmente pola Academia para un filme producido fóra dos Estados Unidos cun diálogo maioritariamente en lingua non inglesa. O Comité do Premio Internacional de Longametraxes supervisa o proceso e revisa todos os filmes enviados.
A lista oficial de filmes aceptados incluíu 51 filmes. Malaisia presentou un filme por primeira vez.[3] Os candidatos de Colombia, Hong Kong e Ucraína foron rexeitados antes de comezar o proceso formal de revisión, mais Colombia presentou outro filme no seu canto.[4][5] Os cinco nomeados (Alemaña, Francia, España, Suecia e Suráfrica) anunciáronse o 25 de xaneiro de 2005.[6] O galardón recaeu sobre España, co filme Mar adentro dirixido por Alejandro Amenábar.[7]
Propostas
País | Título | Lingua(s) | Director(es) | Resultado |
---|---|---|---|---|
Afganistán | Khakestar-o-khak | Dari e paxto | Atiq Rahimi | Non nomeado |
Alemaña | Der Untergang | Alemán | Oliver Hirschbiegel | Nomeado |
Arxentina | El abrazo partido | Castelán | Daniel Burman | Non nomeado |
Austria | Antares | Alemán | Götz Spielmann | Non nomeado |
Bélxica | De zaak alzheimer | Neerlandés | Erik Van Looy | Non nomeado |
Bosnia e Hercegovina | Kod amidže Idriza | Serbocroata | Pjer Žalica | Non nomeado |
Brasil | Olga | Portugués | Jayme Monjardim | Non nomeado |
Bulgaria | Mila ot Mars | Búlgaro | Zornitsa Sophia | Non nomeado |
Canadá | La Face cachée de la Lune | Francés | Robert Lepage | Non nomeado |
República Checa | Horem pádem | Checo | Jan Hřebejk | Non nomeado |
Chile | Machuca | Castelán | Andrés Wood | Non nomeado |
China | A casa das dagas voadoras | Mandarín | Zhang Yimou | Non nomeado |
Colombia | El rey | Castelán | Jose Antonio Dorado | Non nomeado |
Corea do Sur | Taegukgi Hwinalrimyeo | Coreano | Kang Je-gyu | Non nomeado |
Croacia | Duga mračna noć | Serbocroata | Antun Vrdoljak | Non nomeado |
Dinamarca | De fem benspænd | Dinamarqués | Jørgen Leth, Lars von Trier | Non nomeado |
Ecuador | Crónicas | Castelán | Sebastián Cordero | Non nomeado |
Eslovenia | Pod njenim oknom | Esloveno | Metod Pevec | Non nomeado |
España | Mar adentro | Castelán | Alejandro Amenabar | Premio da Academia |
Estonia | Sigade revolutsioon | Estoniano | Jaak Kilmi, René Reinumägi | Non nomeado |
Exipto | Baheb el cima | Árabe | Osama Fawzy | Non nomeado |
Filipinas | Crying Ladies | Tagalo | Mark Meily | Non nomeado |
Finlandia | Lapsia ja aikuisia | Finés | Aleksi Salmenperä | Non nomeado |
Francia | Les Choristes | Francés | Christophe Barratier | Nomeado |
Grecia | Un toque de canela | Grego | Tassos Boulmetis | Non nomeado |
Hong Kong | Dai zek lo | Cantonés | Wai Ka-Fai, Johnnie To | Descualificado |
Hungría | Kontroll | Húngaro | Nimród Antal | Non nomeado |
India | Shwaas | Marathi | Sandeep Sawant | Non nomeado |
Irán | Lakposhtha hâm parvaz mikonand | Kurdo | Bahman Ghobadi | Non nomeado |
Islandia | Kaldaljós | Islandés | Hilmar Oddsson | Non nomeado |
Israel | Medurat Hashevet | Hebreo | Joseph Cedar | Non nomeado |
Italia | Le chiavi di casa | Italiano | Gianni Amelio | Non nomeado |
Antiga República Iugoslava de Macedonia | Golemata voda | Macedonio | Ivo Trajikov | Non nomeado |
Malaisia | Puteri Gunung Ledang | Malaio | Saw Teong Hin | Non nomeado |
México | Voces inocentes | Castelán | Luis Mandoki | Non nomeado |
Noruega | Hawaii, Oslo | Noruegués | Erik Poppe | Non nomeado |
Países Baixos | Simon | Neerlandés | Eddy Terstall | Non nomeado |
Palestina | The Olive Harvest | Árabe | Hanna Elias | Non nomeado |
Polonia | Pręgi | Polaco | Magdalena Piekorz | Non nomeado |
Portugal | O Milagre segundo Salomé | Portugués | Mário Barroso | Non nomeado |
Romanía | Orient Express | Romanés | Sergiu Nicolaescu | Non nomeado |
Rusia | Nochnoy dozor | Ruso | Timur Bekmambetov | Non nomeado |
Serbia e Montenegro | Jesen stiže, Dunjo moja | Serbocroata | Ljubiša Samardžić | Non nomeado |
Suecia | Så som i himmelen | Sueco | Kay Pollak | Nomeado |
Suíza | Mein Name Ist Bach | Alemán | Dominique de Rivaz | Non nomeado |
Suráfrica | Yesterday | Zulú | Darrell Roodt | Nomeado |
Tailandia | Hom rong | Tailandés | Ittisoontorn Vichailak | Non nomeado |
Taiwán | 20 30 40 | Mandarín | Sylvia Chang | Non nomeado |
Ucraína | Voditel dlya Very | Ruso | Pavel Chukhrai | Descualificado |
Uruguai | Whisky | Castelán | Juan Pablo Rebella, Pablo Stoll | Non nomeado |
Venezuela | Punto y Raya | Castelán | Elia Schneider | Non nomeado |
Xapón | Dare mo Shiranai | Xaponés | Hirokazu Koreeda | Non nomeado |
Descualificacións
- A proposta orixinal de Colombia, María, llena eres de gracia, foi descualificada porque a Academia considerou que tiña demasiado diálogo en inglés.[5]
- A proposta de Hong Kong foi descualificada por problemas coa data de estrea.[8]
- Aproposta de Ucraína foi descualificada porque a Academia considerou que era unha produción principalmente rusa e non ucraína.[4]
Notas
Véxase tamén
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.