Festival de Eurovisión 2015
From Wikipedia, the free encyclopedia
O LX Festival da Canción de Eurovisión celebrouse na cidade austríaca de Viena os días 19, 21 e 23 de maio de 2015[2][3][4], despois de que a súa representante Conchita Wurst obtivese a vitoria coa canción «Rise Like A Phoenix» na edición de 2014.[5] Esta foi a segunda vez que Austria organizou un festival de Eurovisión, sendo a última ocasión en 1967 tras a súa vitoria en 1966. O eventro foi conducido por primeira vez na historia por un trío de mulleres: Mirjam Weichselbraun, Alice Tumler e Arabella Kiesbauer. A gañadora da edición anterior, Conchita Wurst, actuou como presentadora nas conexións coa denominada Green Room.
Festival de Eurovisión 2015 "Building Bridges" | |
---|---|
Datas | |
Semi-final 1 | 19 de maio |
Semi-final 2 | 21 de maio |
Final | 23 de maio |
Anfitrión | |
Lugar | Wiener Stadthalle Viena, Austria |
Presentador(es) | Mirjam Weichselbraun Alice Tumler Arabella Kiesbauer Conchita Wurst (en Green Room) |
Director | Kathrin Zechner |
Supervisor executivo | Jon Ola Sand |
Produtor executivo | Edgar Böhm |
Televisión anfitrioa | |
Participantes | |
Participantes | 40 |
Países que debutan | Australia |
Países que retornan | Chipre[1] República Checa Serbia |
Países que se retiran | Ucraína |
Mapa
| |
Votacións | |
Cero puntos | Austria Alemaña |
Canción gañadora | Heroes, Suecia |
Festival de Eurovisión | |
◄2014 2016► |
O espectáculo tivo unha audiencia de máis de 200 millóns de espectadores en todo o mundo. Nesta edición participaron 40 países, 39 dos cales participaron en calidade de membros activos da UER. Chipre e Serbia retornaron ao concurso tras unha paréntese dun ano, así como a República Checa tras cinco anos de ausencia. Por outro lado, Ucraína anunciou a súa retirada desta edición por problemas políticos e económicos. Con motivo do 60º aniversario do Festival, Australia tamén foi invitada a competir, sendo a primeira vez na historia de Eurovisión que participa un país que só é membro asociado da UER.
O lema desta edición foi Building Bridges ('Contruíndo pontes' en galego). En palabras dos organizadores, o eslogan desta edición trata de facer referencia ao carácter unificador da música sen importar fronteiras, culturas e idiomas, e ademais fai referencia ao primeiro obxectivo do certame, que era unir aos países despois da segunda guerra mundial.
Segundo as listas das casas de apostas, durante varias semanas o favorito para gañar o certame era Suecia, seguido por Italia, Australia, Estonia, Eslovenia e Finlandia. Non obstante, este último caeu en semifinais. Polo contrario, Rusia, Bélxica e Letonia convertéronse nos países que máis subiron as súas probabilidades de vitoria, chegando mesmo a superar a moitos dos anteriores.
Finalmente, Suecia gañou o Festival de Eurovisión co cantante Måns Zelmerlöw e a canción "Heroes", cun total de 365 puntos e logrando así a sexta vitoria do país na historia do certame, sendo o primeiro país en gañar en dúas ocasións o Festival no século XXI. Por primeira vez, todos os países do top 3 recibiron máis de 280 puntos, a canción rusa "A Million Voices" converteuse na primeira canción non gañadora en obter máis de 300 puntos e a italiana "Grande amore" converteuse na primeira canción de fala non inglesa en obter un top 3 desde o 2012. Tamén, Austria e Alemaña foron os primeiros países desde 2003 en obter cero puntos na final. Austria é tamén o primeiro país anfitrión que non recibe ningún punto, e o primeiro anfitrión e anterior gañador que queda no último lugar desde o Festival de Eurovisión 1958.